Saule Doszhan (, Sáýle Maǵazbekqyzy Dosjan), nada en Aqtam (distrito de Uigur, na provincia de Almati) o 2 de setembro de 1959, é unha xornalista e escritora kazaka en lingua kazaka.
Traxectoria Desde 1974 publicou poemas e artigos no xornal Zhetisu. En 1987 graduouse en Xornalismo na Universidade Estatal de Kazakhstán Al-Farabi, e en Dereito en 2006 pola Universidade de Asia Central.
Sendo estudante participou no Festival Zhiger. Colaborou na publicación Egemen Kazakhstan ("Kazakhstán Socialista") e na Radio Kazaka. Foi editora do xornal de Lingua e Literatura Kazaka, e primeira editora da revista Ulagat. Desde 2003 foi secretaria dos Mazhilis no Parlamento de Kazakhstán. En 2015 foi nomeada Traballadora Honorífica de Kazakhstán.https://www.inform.kz/ru/izvestnoy-pisatel-nice-s-doszhanovoy-prisvoeno-zvanie-zasluzhennyy-deyatel-kazahstana_a2850374
É membro do Sindicato de Escritores de Kazakhstán, do Sindicato de Xornalistas e da International Women's Writing Guild. Vida persoal
Está casada con Sat Tokpakbaev e ten tres fillos: Raigul (1982), Ainur (1988) e Assel Doszhan (1993).
Obra
Жыр тәж (2000, poesía) Үшінші есіктің құпиясы ("O segredo da terceira porta"; 2006, prosa) Жатқа туған бала (2008, prosa) Арман қала (2011, poesía) Үлкен үйдегі үрей ("Medo na Gran Casa do Medo"; 2013, prosa); Құдіретті қалам иесі (2014, prosa) Менің жалғыз серігім (2015, poesía) Өгей жүрек (2015, prosa) Мое чужое сердце ("Corazón estraño"; 2016, prosa; traducido ao ruso e o alemánPoet Saule Doszhan introduces Kazakh life stories.) Сағыныш (prosa)
Notas
Categoría:Nados en Kazakhstán Categoría:Nados en 1959 Categoría:Escritores de Kazakhstán Categoría:Escritores en lingua kazaka