Para José Antonio Santos Guede (Ourense 1971), escritor, véxase Toño Guede.

Antonio Guede Quintas, nado en Gaspar (Cantoña, Baños de Molgas) e finado en Jessup (Pensilvania) o 13 de novembro de 1937, foi un sindicalista e militante libertario galego.

Traxectoria Natural de Gaspar e alumno de José Castro. Mineiro, viviu 30 anos en Norteamérica, residindo en Pensilvania e o Canadá. En 1924 subvencionou a viaxe de José Ledo Limia e outros dezaseis galegos aos Estados Unidos, contando coa colaboración de militantes de México. Colaborou en Cultura Proletaria de Nova York entre 1927 e 1929, en El Libertario de Madrid e Sagitario de Tampico. Morreu en Jessup. Á súa morte o Centro de Estudios Sociales de Jessup colocou un lazo de seda coa inscrición "Centro de Estudios Sociales de Jessup - CNT-AIT-FAI". En xaneiro de 1938 José Ledo Limia escribiu unha necrolóxica de Antonio Guede (con fotografía) en Galicia Libre.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (G)

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Baños de Molgas Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos