Hydrochous gigas, coñecida vulgarmente como salangana xigante, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas), a única do monotípico xénero Hydrochous.Ver Hydrochous na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 22 de outubro de 2019.Hydrochous Brooke, 1970 no ITIS.Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1901 polo ornitólogo alemán Ernst Hartert e o zoólogo británico Arthur Gardiner Butler, especializado en ornitoloxía, co nome de Collocalia gigas.Hydrochous gigas en Wikispecies.

Variacións taxonómicas Posteriormente foi clasificada dentro do xénero Hydrochous, descrito en 1970 por Richard Kendall Brooke, en Durban Mus. Novit. 9: 13-24.Ver Apodidae en Zoonomen.

Etimoloxías A do xénero, deriva do nome Hydrochous, nome latino da constelación de Acuario, derivado do deus da mitoloxía grega Udrokkoos, o vertedor de auga; aludindo á asociación de H. gigas coas fervenzas.Hydrochous, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.

O epíteto específico, gigas está tirado do latín Gigas, -gantis, un dos Xigantes da mitoloxía grega, fillos da Terra (Xea) que querían destronar a Xúpiter (Zeus).gigas, en: James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. Literalmente: "xigante".

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Collocalia gigas (protónimo).Salangana Gigante. Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) en AviBase. Hydrochrous gigas [erro ortográfico].

Características Hydrochrous gigas ten unha característica distintiva en relación cos outros membros do seu grupo: ten envergadura máis grande (150 mm) en comparación coas outras salanganas. É unha salangana bastante grande, que pode chegar até os 16 cm de lonxitude e acadar un peso de 37 g nos machos, e de 35 a 39 g nas femias. A diferenza doutras salanganas, a maneira principal de soporte de seu niño é que está construído sobre unha superficie plana e horizontal, pero non se mantén unido a ela pola saliva.

Distribución, hábitat e costumes A salangana xigante encóntrase en Indonesia e Malaisia, e os seus hábitats naturais son os bosques e os ríos e montaña húmidos tropicais e subtropicais. Non é totalmente nocturno, pero pode orientarse visualmente con pouca luz.

A especie vive sobre todo nas selvas tropicais, en zonas montañosas escarpadas, e depende en gran medida das fervenzas como lugares de reprodución. Os límites de altitude en que habita son pouco coñecidos, pero existen rexistros de 800 m na península Malaia, 440 m en Sumatra e de 300 a 1 500 m en Xava. Aínda que esta especie carece de ecolocalización, ten unha visión aguda con pouca luz e pode alimentarse nos crepúsculos, o que pode contribuír á escaseza de rexistros.

Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, pouco coñecida, ten unha poboación disxunta e probabelmente pequena, e que se cre que está en declive debido á perda e degradación dos bosques da súa área de distribución, polo que actualmente se considera como NT (case ameazada), polo que se necesitan urxentemente enquisas máis detalladas para aclarar o seu status.BirdLife International (2017): Hydrochous gigas na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 22 de outubro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4. Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.

Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos

Ligazóns externas Hydrochous gigas. Swift waterfall na ADW. Giant Swiftlet. Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) na EOL. Salangana Gigante. Hydrochous gigas (Hartert & Butler, 1901) en AviBase.

Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1901