Dhyan Chand, nado en Allahabad o 29 de agosto de 1905 e finado Delhi o 3 de decembro de 1979, foi un xogador de hóckey sobre herba indio, un dos mellores xogadores da historia do deporte. Foi coñecido polas súas extraordinarias proezas goleadoras, e gañou tres medallas de ouro olímpicas en 1928, 1932 e 1936, nunha época en que a India dominou o deporte. A súa influencia estendeuse alén desas vitorias, posto que o país gañou o campionato olímpico de hóckey en sete das oito olimpíadas entre 1928 e 1964. Crese que logo de que a India derrotase a Alemaña na final olímpica de 1936 por 8-1, Adolf Hitler ofreceu a Chand un posto sénior no exército alemán, o que este rexeitou.When sports legend Dhyan Chand was offered a job by Adolf Hitler. Indianexpress.com (29 de agosto de 2017). Consultado o 12 de decembro de 2018.

Coñecido como O mago (The Wizard ou The Magician) do hóckey polo seu soberbio control da bóla, Chand xogou internacionalmente entre 1926 e 1949; marcou 570 goles en 185 partidos segundo a súa autobiografía, Goal.Chand, páx. 255 O Goberno da India concedeu a Chand o terceiro honor máis alto para un civil, o Padma Bhushan, en 1956. O día do seu nacemento, o 29 de agosto, celébrase anualmente na India o Día Nacional dos Deportes.

Legado miniatura|Estatua de Dhyan Chand no outeiro Sipri, Jhansi Dhyan Chand continúa a ser unha figura lendaria no hóckey indio e mundial. As súas habilidades foron glorificadas en varias historias e anécdotas apócrifas.

O premio máis importante na india ao mérito deportivo é o premio Dhyan Chand que se outorga anualmente dende 2002 a figuras deportivas que non só contribuíron ao deporte durante a súa carreira senón tamén despois da súa retirada. O Estadio Nacional de Delhi foi rebautizado como Dhyan Chand National Stadium en 2002 na súa honra.

Un internado da Universidade Musulmá Aligarh, da que foi alumno, recibiu o seu nome.

O goberno da India emitiu un selo conmemorativo en honor de Chand. Foi o primeiro xogador de hóckey indio que recibiu esa honra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas "Yaaru E Dhyan Chand" by Narendra Kumar S S , published by Samrudha Sahitya The Indian who captivated even Hitler, Qaiser Mohammad Ali, Rediff.com Feature: Hockey's Genius – Dhyan Chand, Rohit Brijnath, PlanetFieldHockey.com Gulu Ezekiel e K. Arumugam, Great Indian Olympians K. Arumugam, Dhyan Chand Centenary, Hockey Yearbook 2006. A tribute to Dhyan Chand, Rediff.com

Categoría:Nados en Allahabad Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Xogadores de hóckey herba olímpicos da India Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1936‎ Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Xogadores de hóckey herba nos Xogos Olímpicos de 1936 Categoría:Medallistas olímpicos en hóckey herba Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola India