O Condado de Vexin era unha xurisdición feudal de Francia, que desde o 911 se dividiu entre Francia e Normandía. miniatura|Escudo de Lois de Francia, conde de Vexin miniatura|Condados de Francia sobre 1030. miniatura|Condados de Francia sobre 1180. O Vexin francés O condado de Vexin aparece arredor do ano 800. O primeiro señor foi Nebelon, da chamada dinastía nebeliana que era fillo de Khildebrand de Borgoña e neto de Pipino de Heristal; o seu fillo Nebelón II xa levou o título de Conde de Vexin.
Lista de condes
Romualdo sobre 753-764. Regnaldo, ?. Grifón, contra 790. Rifero, sobre 796. Nebelón ou Nibelungo I c. 800. Nebelón ou Nibelungo II (fillo) c. 840. Xeileno (Geilenus) sobre 850-864, conde de Meulan. Nibelungo III 864-despois do 879. Teodorico I (fillo) sobre 880-886. Adelram (II) e Teodorico II, defensores de Pontoise, sobre 886-890, sobriños. Walerno I (fillo de Nebelón), Nebelón ou Nibelungo IV (fillo de Walerano), Walerano II, condes á parte de Vexin ou preto de Vexin. Ermenfredo de Amiens, conde de Amiens, de Vexin e de Valois antes de 895-919. Hildegarda 919-926? (filla). Raúl I de Vexin (Raúl I de Ostrevant) conde de Vexin, Amiens e Valois por dereito da súa muller 919-926. Raúl II de Vexin, conde de Vexin, Amiens e Valois 926-943 (fillo). Gautier I de Vexin contra 943-995 conde de Vexin, Amiens e Valois (irmán). Gautier II de Vexin contra o 995, despois do 1017, conde de Vexin, Amiens e Valois (fillo). Dreux de Vexin sobre 1020-1035, conde de Amiens e Vexin (fillo). Gautier III de Vexin 1035-1063, conde de Amiens e Vexin (fillo). Raúl III de Vexin 1063-1074, conde de Valois como Raúl IV (1038) e logo de Amiens e Vexin, primo (o seu pai Raúl III era conde de Valois; Raúl III era fillo de Gautier II). Simón de Vexin 1074-1077, conde de Vexin, Amiens e Valois. á coroa francesa 1077, agás a parte que posuía o duque de Normandía, que lle foi recoñecida. Lois de Francia (máis tarde rei Lois VI de Francia ), conde do francés Vexin 1092-1108.
O Vexin normando Unha parte do condado de Vexin, situada ao oeste do río Epte, pasou a Rolón, duque de Normandía, en 911. En 1096 construíu o castelo de Gisors como defensa contra o condado francés de Vexin.
En 1149, Henrique II Plantagenet lle cedeu o condado a Lois VII de Francia como pago da súa axuda contra Estevo de Blois. Lois VII cedeulle en 1160 á súa filla Margarida, casada con Henrique o Novo, o fillo máis vello de Henrique II. En 1193 o rei Filipe Augusto ocupouno, pero devolveuno en 1199, aínda que conservou o castelo de Gisors. O 1204 incorporouse con Normandía á coroa francesa.
Lista de condes
Duques de Normandía 911-1149. Lois I de Vexin 1149-1160 (Lois VII de Francia). Margarida de Francia 1160-1193 (filla) (+1198). Henrique o Novo 1160-1183 (marido). Filipe Augusto 1193-1199 (Filipe II Augusto de Francia). Xoán sen Terra 1199-1204 (rei de Inglaterra e duque de Normandía). Á coroa francesa 1204.
Véxase tamén
Casa de Vexin.
Ligazóns externas
Houssemaine, " Os condes de Vexin ", (Notices des Amis du Mantois, n. 6 - 1955)
Categoría:Historia de Normandía Categoría:Xeografía da Normandía Categoría:Condados de Francia