Diego García Rodríguez, nado en Escarabote, (Lampón, Boiro) en 1976, é un pianista e director de orquestra galego.
Traxectoria Cursou os seus estudos musicais en piano e música de cámara no conservatorio de Santiago de Compostela para posteriormente trasladarse a Lausanne. Máis tarde iniciouse no mundo da dirección orquestral na Escola Superior das Artes de Zúrich, con Johannes Schlaefli.
Traballou con orquestras como a Real Filharmonía de Galicia ou a Orquestra Vigo 430, e dirixido no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, o Teatro Real de Madrid ou o Teatro da Ópera de Gdansk.
É membro fundador do grupo Taller Atlántico Contemporáneo, do que é director artístico.
Notas
Categoría:Directores de orquestra
Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes