A acuaporina 3 é unha proteína que funciona como canle acuosa que se encontra na membrana plasmática basolateral das células principais do conduto colector e proporciona unha vía para que a auga saia das células. No ril, a AQP3 é regulada pola vasopresina (ADH). Esta proteína é tamén un determinante para o sistema de grupos sanguíneos GIL. Nos humanos está codificada no xene AQP3 do cromosoma 9.
O ácido suberoilaniluro hidroxámico (SAHA) (un inhibidor de HDAC) incrementa a expresión de acuaporina 3 en células de pel normal (queratinocitos).Cancer therapy shows promise for psoriasis treatment
Importancia clínica Os niveis de AQP3 adoitan ser máis baixos na psoríase que cando a pel está sa.
A AQP3 exprésase máis no eccema atópico.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Acuaporina
Bibliografía
Ligazóns externas Sistema de grupos sanguíneos GIL en BGMUT Blood Group Antigen Gene Mutation Database no NCBI, NIH
Categoría:Proteínas integrais de membrana