Ecuador presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2000. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Ecuador para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 2000(73ª) Sueños en la mitad del mundo 2004(77ª) Crónicas 2013(86ª) Mejor no hablar de ciertas cosas 2014(87ª) Silencio en la tierra de los sueños 2016(89ª) Sin muertos no hay carnaval 2017(90ª) Alba 2018(91ª) A Son of Man Jamaicanoproblem, Pablo Agüero 2019(92ª) La mala noche Gabriela Calvache 2020(93ª) Vacío Paúl Venegas 2021(94ª) Sumergible Alfredo León León 2022(95ª) Lo invisible Javier Andrade 2024(97ª) Al otro lado de la niebla Sebastián Cordero 2025(98ª) Chuzalongo Diego Ortuño

Notas

Categoría:Cinema de Ecuador Ecuador