Juan Abramo Dios, nado en Currás (Tomiño) cara a 1909 e finado na Pobra do Brollón o 3 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria En 1928 colaborou na creación dunha sociedade instrutivo-recreativa en Sobrada (Tomiño).El Correo de Galicia, 2-12-1928, p. 18. Na II República foi nomeado mestre interino de Vilachá de Salvadur en 1933.El Progreso, 14-6-1933, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído a principios de setembro.El Progreso, 6-9-1936, p. 4. Detido, foi paseado na estrada de Quiroga, quilómetro 62, preto do lugar de Abrence, a primeiras horas do 3 de setembro de 1936. Ao seu carón xacían na cuneta outros dous homes: Odilo Rodríguez e outro que non foi identificado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos