María Galindo Neder, nada na Paz en 1964, é unha activista boliviana, militante do feminismo radical, psicóloga e comunicadora, cofundadora do colectivo Mujeres Creando en 1992, que segue liderando. Actualmente codirixe Radio Deseo, emisora radial con alcance nas cidades da Paz e o Alto. Polas súas controvertidas accións, a miúdo catalogadas como "arte performativo" ou happenings, foi detida en varias ocasións pola policía boliviana. Entre os temas que traballou están a despatriarcalización no contexto do proceso constituínte boliviano e o feminicidio como crime de Estado.
Traxectoria María Galindo naceu en 1964 na cidade da Paz. Comezou os seus estudos escolares en 1970, rematando o bacharelato en 1981. En 1992 foi cofundadora xunto a Julieta Paredes e Mónica Mendoza do colectivo Mujeres Creando.
Autodeclarouse lesbiana. Nos seus temperáns anos de militancia social, vinculouse a esquerdistas ultrarradicais como Álvaro García Linera, a quen María Galindo defendeu cando foi procesado por subversión e terrorismo.
En 2006 lanzou a súa candidata á Asemblea Constituínte polo Movimiento Bolivia Libre (MBL) como un acto simbólico e de crítica ao proceso mesmo. Neste contexto, redactou e publicou, xunto co Movemento Mujeres Creando, La Constitución Política Feminista del Estado.
Tras a visita do presidente iraniano a Bolivia, Mahmud Ahmadineyad, recibido polo presidente Evo Morales o 27 de setembro de 2007, protestou na cadea televisiva de Unitel, onde se referiu tanto ao tema da violación dos dereitos humanos como á persecución e execución ás mulleres e homosexuais.
En 2007 xunto coa escritora arxentina Sonia Sánchez publicou Ninguna mujer nace para puta, presentado na Plaza Once de Buenos Aires rebautizada como Plaza de los Prostituyentes para denunciar o tráfico e a explotación sexual, nunha acción pública que serviu como lanzamento do libro. Ese mesmo ano empezou a codirixir a emisora Radio Deseo e a presentar o programa La loca mañana.
En 2013 publicou No se puede descolonizar sin despatriarcalizar no que critica o patriarcado como base de toda dominación, incluíndo o racismo.
En marzo de 2017 participou nunha acción a favor da despenalización do aborto fronte á catedral da Paz convocada por Mujeres Creando. En xuño do mesmo ano presentou o libro No hay libertad política sin libertad sexual, produto da investigación realizada entre 2015 e 2016 na Asemblea Lexislativa Plurinacional sobre a homofobia na Asemblea Legislativa Plurinacional promovida pola Vicepresidencia do Estado de Bolivia. A publicación do estudo foi publicado co apoio do financiamento colectivo a partir da plataforma Verkami.
A finais de 2019, María Galindo estivo involucrada nunha controversia por un artigo, no cal Galindo criticou duramente a presidenta boliviana Jeanine Añez.
Galindo recibiu á súa vez críticas. Por exemplo, as feministas do grupo Pan y Rosas e o grupo feminino cruceño, Kuña Mbarete, acusárona de ser ás veces moi autoritaria e considerarse a única voz verdadeira dentro do feminismo boliviano.
Algunhas publicacións
Libros
Y si fuésemos una espejo de la otra, por un feminismo no racista (1992) . 2005. Archivo Cordero 1900 - 1961 Edición Turner. . 2007. Ninguna mujer nace para puta. Edición ilustrada de Lavaca Editora, 220 páxs. ISBN 987-21900-3-8 Mujeres Grafiteando(2006), autoría colectiva de recompilación de graffitis producidos por Mujeres Creando. . 2013. No se puede Descolonizar sin Despatriarcalizar. ISBN 97899954-2-622-4 María Galindo, 2016 Espejito Mágico, un conxunto de retratos de mulleres escritos para Radio. No hay libertad política sin libertad sexual (2017)
Produción cinematográfica
Serie Acciones (2002); esta serie foi expuesta no Centro de Arte Raíña Sofía en 2003 no contexto de Versiones del Sur Mamá No me lo Dijo (2004); serie de televisión difundida en Bolivia en canal aberto. A filmación deste traballo supuxo un proceso xudicial por Actos obscenos iniciado polo Estado de oficio. Exiliadas del Neoliberalismo (2004); documental sobre as mulleres bolivianas migrantes a España Amazonas, mujeres indomables(2009); documental sobre un grupo de acción arxentino de loita contra a violencia machista instalado nos barrios habitados maiormente por migrantes bolivianas, peruanas e paraguaias Virgen Cerro e Virgen Barbie; curtas que formaron parte da instalación na mostra Principio Potosí 13 Horas de Rebelión (2013); 6 curtametraxes, unha delas formou parte central da instalación de Mujeres Creando na Bienal de Arte de Sao Paolo en 2014. Notas
Véxase tamén Outros artigos Feminismo Prostitución Xénero (ciencias sociais) Ligazóns externas Canle YouTube María Galindo Entrevista a María Galindo (vídeo, 2017) Entrevista en Andaina
Categoría:Nados na Paz Categoría:Políticos de Bolivia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Feministas de Bolivia Categoría:Activistas LGBT de Bolivia Categoría:Anarcofeministas