Torre del Greco (Torre o Grieche en napolitano, Torr u Griec en dialecto torrés) é unha cidade e comuna italiana da cidade metropolitana de Nápoles, na Campania

Xeografía Situado na costa do golfo de Nápoles, a unha altitude media de 43 msnm, o concello ocupa unha extensión de 33,7 km². Segundo o censo de 2016 contaba con 85 791 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2545,73 hab./km².Datos do ISTAT ao 30-11-2016 . Consultado o 27 de agosto de 2020.

É o cuarto municipio máis importante da rexión da Campania por número de habitantes.

Limita cos municipios de Ercolano, Torre Annunziata e Trecase. Comprende as frazioni (subdivisións) de Camaldoli della Torre, Lava Nuova, Leopardi, Sant'Antonio e Santa Maria la Bruna.

O territorio do municipio está situado no Parque Nacional do Vesuvio, entre este volcán e o golfo de Nápoles.

Evolución demográfica miniatura|400px|Localización da comuna de Torre del Greco na provincia de Nápoles.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Cidades de Italia