María del Carmen Guisán Seijas, nada na Coruña o 9 de agosto de 1947, é unha economista e profesora galega.

Traxectoria Guisán é profesora na Universidade de Santiago de Compostela e unha das 20 economistas españolas máis influentes segundo o xornal El Confidencial. Actualmente é editora da revista académica Applied Econometrics and International Development. Tamén foi editora doutras dúas Revistas académicas incluídas na base SCOPUS de Elsevier: Regional and Sectoral Economic Studies (2001-2020) e Revista Galega de Economía, no período 2014-2018. Ten publicacións en inglés, español, galego, francés e portugués.

O principal foco da súa investigación é a economía do desenvolvemento mundial, os modelos macroeconométricos e os estudos comparativos, nacionais e rexionais de economía europea. Publicou varios traballos sobre modelos macroeconómétricos. Ademais escribiu un libro de texto sobre econometría en castelán. Está incluída na lista das 20 economistas españolas máis influentes e na clasificación das 100 mulleres máis importantes das economías en IDEAS. Participou nun debate de The New York Times sobre o futuro de Europa, argumentando que Alemaña debería insistir menos na austeridade e máis no emprego e desenvolvemento na zona euro.

Obra Guisan, M. Carmen, Macro-econometric Models: The Role of Demand and Supply. ICFAI University Press, 2005. Guisan, M. Carmen, Notable Spanish Women Economists: Pioneers, Doctoral Supervisors of Applied Economics and Top Researchers, 1975-2018, Regional and Sectoral Economic Studies, Vol. 18-1. (8) (2018) Guisan, M. Carmen; Aguayo, Eva; Exposito, Pilar (2001). "Economic growth and cycles: Cross-country models of education, industry and fertility and international comparisons". Applied Econometrics and International Development. 1 (1): 9–37. Guisan, M. C.; Exposito, P. (2010). "Health Expenditure, Education, Government Effectiveness and Quality of Life in Africa and Asia". Regional and Sectoral Economic Studies. 10 (1). Guisán(2013). Emprego Sectorial e participación social das mulleres en Galicia e Europa. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 978-84-9887-857-8 Guisán(1990). Galicia 2000. Industria y Empleo. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Currículo na Universidade Santiago de Compostela Artigos en Ideas.Repec

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1947 Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes