Blaženka Divjak, nada en Varaždin o 1 de xaneiro de 1967 é unha política e matemática croata,

Traxectoria Logo de rematar os estudos de secundaria entrou a estudar na Facultade de Ciencias Naturais e Matemáticas da Universidade de Zagreb (UZ) e alí se graduou en 1989 . En 1990 comezou a dar clases de matemáticas no instituto da súa localidade natal e en 1994 entrou como profesora axudante na Facultade de Organización e Informática en 1994 e doutorouse en 1997 pola Universidade de Zagreb coa tese Geometrija pseudogalilejevih prostora dende 2010 é profesora titular desa universidade. Entre 2010 e 2014 foi vicerreitora de estudantes e estudos da UZ. Escribiu en solitario ou en colaboración libros técnicos e de ensino das matemáticas e máis de 80 artigos científicos e profesionais. Ademais de croata, fala inglés e alemán.

A petición do Partido Popular Croata-Liberal Demócratas foi ministra de ciencia e educación do 9 de xuño de 2017 ao 23 de xullo de 2020 no gabinete de Andrej Plenković.

Publicacións Zbirka zadataka iz matematike (1998, con Tihomir Hunjak e Mirela Ostroški) Matematika 1 : priručnik za nastavnike za 1. razred srednje ekonomske škole (2003) Matematika 1: udžbenik sa zbirkom zadataka za 1. razred srednje ekonomske škole (2004) Matematika za informatičare (2004, con Tihomir Hunjak) Diskretna matematika s teorijom grafova (2005, con Alen Lovrenčić) Ključni faktori uspjeha za povećanje vlastitih prihoda visokoškolskih institucija (2006, con Slavko Krajcar e Darko Tipurić) Financijska matematika (2007, con Zlatko Erjavec) Što nakon diplome? Rezultati istraživanja o zapošljivosti studenata koji su diplomirali akademske godine 2015./2016 (2018, con Katarina Pažur Aničić, Katarina e Diana Šimić)

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Políticos de Croacia Categoría:Alumnos da Universidade de Zagreb Categoría:Nados no condado de Varaždin