Patrick Magnus Bruun, nado o 17 de abril de 1920 en Helsinqui e finado o 30 de xuño de 2007 en Turku, foi un numismático finlandés especialista na moeda da Antiga Roma."Bruun, Patrick". Uppslags-verket Finland.

Traxectoria Patrick Bruun era fillo de Otto Bruun e de Elsa Maria Inberg, e irmán do sociólogo Kettil Brunn."Patrick Magnus Bruun". Geni.com Graduouse en 1953 na Universidade de Helsinqui coa tese titulada The Constantinian Coinage of Arelate.

De 1952 a 1957 foi redactor cultural do xornal finlandés Nya Pressen, e entre 1957 e 1960 ocupou nese medio o posto de secretario de redacción.

Durante case dúas décadas (1956-1972) exerceu a docencia universitaria de Numismática Romana na Universidade de Helsinqui, cunha interrupción entre 1965 e 1968, cando foi director do Institutum Romanum Finlandiae, en Roma.

En 1968 foi chamado a ocupar a cátedra de Historia Xeral en Åbo Akademi, a universidade en lingua sueca con sede en Turku, onde exerceu a docencia ata 1983 e na que tamén exerceu o cargo de vicerreitor entre 1969 e 1975.

O interese principal das súas investigacións foi sempre a moeda romana, sinaladamente a da Antigüidade tardía. En 1966 saíu á luz o sétimo volume de Roman Imperial Coinage (RIC), de cuxa edición se responsabilizou Bruun, que abrangue as emisións monetarias do período entre Constantino I e Licinio (313-337 d. de C.).

Vida persoal Canto á súa vida persoal, Patrick Bruun casou dúas veces, a primeira en 1945 coa actriz finlandesa Kyllikki Forssell, da que se divorciou en 1950, e a segunda (1953-1992) con Eva Ulli Margareta Aminoff.Ellonen, Leena (ed.) (2008). Suomen professorit 1640–2007. Professoriliitto, Helsinqui. Páxina 88. ISBN 978-952-99281-1-8

Recoñecementos Bruum foi nomeado membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía (1979) e membro de honra da Sociedade Numismática Finlandesa (1989) e da Sociedade de Anticuarios de Londres (1990)."Patrick Magnus Bruun". Institute for Advanced Study. Princeton.

Premios

(1974): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). (1980): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1989): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1992): Medalla Gunnar Holst, da Fundación Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia.

Publicacións Esta é unha escolma das monografías máis representativas de Patrick Bruun publicadas ao longo da súa traxectoria académica:"Bruun, Patrick". WorldCat Identities."Bruun, Patrick Magnus 1920-2007 ". Digital Library Numis.

(1953). The Constantinian Coinage of Arelate. Helsingfors, Helsinqui. (1961). Studies in Constantinian Chronology. American Numismatic Society, Nova York. (1966). The Roman Imperial Coinage. Vol. 7: Constantine and Licinius, A.D. 313–337. Spink, Londres. (1987). Die spätrömische Münze als Gegenstand der Thesaurierung. Mann, Berlín. ISBN 978-3786113805 (1991). Studies in Constantinian Numismatics. Papers from 1954 to 1988. Institutum Romanum Finlandiae, Roma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Westman, R. (1991). Patrick Bruun. En Engman, M. (ed.). Historiens Studium vid Åbo Akademi. Åbo Akademis förlag, Åbo. Páxinas 219-243. ISBN 951-9498-94-X

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Finados en 2007 Categoría:Numismáticos de Finlandia Categoría:Historiadores de Finlandia Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Alumnos da Universidade de Helsinqui Categoría:Profesores da Universidade de Helsinqui Categoría:Profesores de Åbo Akademi Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres