Musine Kokalari, nada en Adana o 10 de febreiro de 1917 e finada en Rrëshen o 13 de agosto de 1983, foi unha activista política, cultural e escritora albanesa do século XX. Xunto con Selfixhe Ciu e Jolanda Kodra foi unha das primeiras escritoras en Albania "Kush ishte Musine Kokalari, kundërshtarja e parë e Enver Hoxhës" Tirana Post, 10 de febreiro de 2017 .
Traxectoria Naceu en Adana, no sur de Turquía no seo dunha familia orixinaria de Gjirokastër e que tiña entre os seus parentes distantes a Enver Hoxha coa que Musine mantivo correspondencia ao longo da década de 1930. En 1920 volveu coa súa familia a Albania, onde comezou a escola primaria en Gjirokastër. A súa familia mudouse a Tirana nove anos despois de regresar á súa terra natal. O seu irmán, Veisimi, abriu unha librería na capital a mediados dos anos trinta e Musine converteuse nunha ávida lectora.
En 1937 graduouse no Instituto Pedagóxico Raíña Nai e nese ano comezou a publicar artigos co sobrenome de Muza sobre temas sociais na revista Shtypie e ao ano seguinte continuou os seus estudos na Universidade de Roma La Sapienza ata a súa graduación en 1941 cunha tesiña sobre o poeta Naim Frashëri . Durante a súa estadía en Italia escribiu un diario en italiano, coa intención de publicalo, sobre as súas experiencias que saíu do prelo postumamente, en 2016, como La mia vita universitaria. Memorie di una scrittrice albanese nella Roma fascista (1937-1941). Xa en Roma participara de movementos clandestinos antifascistas e anticomunistas e de volta a Albania con Mit'hat Aranit e outros foi unha dos fundadores do Partido Socialdemócrata en 1943 do que redactou os seus estatutos.
Arresto e persecución esquerda|miniatura|Selo postal dedicado a Musine Kokalarit en 2017. Logo da segunda guerra mundial abriu unha librería e a Liga de Escritores e Artistas, dirixida polo comunista moderado e ministro de cultura Sejfulla Malëshova, convidouna a ingresar no seu seo. Perseguida por reclamar xustiza polo fusilamento en 1944 dos seus irmáns polos comunistas e co antecedente de ser a fundadora do partido socialdemócrata e do seu órgano de prensa Zëri i lirisë, detivérona o 17 de xaneiro de 1946, no medio dunha purga dentro do Partido Comunista que incluíu a Malëshova, e mantíverona 17 días en prisión . O 2 de xullo dese ano un tribunal militar de Tirana condenouna a vinte anos de cárcere comosaboteadora e inimiga do pobo.
Pouco antes da súa detención, envioulles unha carta os aliados, que aínda estaban en Tirana onde pedía eleccións libres e liberdade de expresión. Durante o xuízo reafirmouse nas súas ideas. En 1964 despois de 18 anos na prisión de Burrel, illada e baixo vixilancia, pasou outros 19 anos da súa vida confinada en Rrëshen, onde traballou como varredora e despois durante 11 anos en obras de construción. En 1979 finalizou o seu confinamento pero non lle permitiron ir a Tirana e permaneceu en Rrëshen. Faleceu o 13 de agosto de 1983. Ndue Dedaj (2015), Musine Kokalari, gruaja e parë e letrave shqipe, mapo.al, 7 de febreiro de 2015. En 1991 a súa familia exhumouna para soterrala en Shishtufinë no distrito de Tirana.
Obra miniatura|Musine Kokalari durante o seu xuízo Ao aparecer o seu primeiro libro converteuse na primeira escritora de Albania en publicar un libro de ficción, foi en xullo de 1940 so o título de "Siç më thotë nënua plakë", e constitúe unha recolleita de 10 contos inspirados no folclore tosco e na afouteza da muller albanesa e escritos no dialecto tosco de Gjirokastëre e do que se fixo eco un dos máis influentes escritores albaneses, Lasgush Poradec que publicou unha crítica sobre o libro o 30 dese mes. En 1944 apareceu a segunda recolleita de contos, Rreth vatrës e en xaneiro de 1945, publicou o seu terceira, "Sa u tund jeta". En 2009 apareceu o primeiro volume das súas obras co título de Vepra vëllimi i parë editadas por Novruz Xh. Shehu.
Recoñecemento Musine Kokalari estivo entre os primeiros 30 escritores encarcerados que rexistrou eh 1960 o Trinity Committee ( precursor do PEN Club).
En 1993 o presidente Sali Berisha, declarouna, a título póstumo, "mártir da democracia" e unha escola de Tirana leva o seu nome .
Notas
Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados na provincia de Adana Categoría:Escritores de Albania Categoría:Escritores en lingua albanesa Categoría:Políticos de Albania Categoría:Activistas de Albania Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma