Alejandro Jesús Bahillo Fernández, nado en La Bañeza (provincia de León) o 20 de xuño de 1948, é un político galego.
Traxectoria Mestre Industrial, estudou Enxeñaría Técnica Industrial na EIT Valladolid e Ciencias Políticas na UNED. Militante do Partido dos Socialistas de Galicia de Vigo, foi deputado no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra entre 1982 e 1989 no Grupo Socialista como portavoz de Política Pesqueira. Foi fundador e Director Xeral do Círculo de Empresarios de Galicia-Club Financiero Vigo dende o ano 1993. Analista político, publicou artigos en diversos medios e participou en numerosas mesas e debates raidofónicos e televisivos.Fundación Pablo Iglesias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha persoal na web do Congreso de Deputados "Jesús Bahíllo" (13/9/2013) Círculo de Empresarios de Galicia .
Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Nados en La Bañeza Categoría:Nados en 1948 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia