miniatura|279x279px|Moedas-nariz de formiga achadas en Xiaogan, provincia de Hubei (Museo Provincial de Hubei). As moedas-nariz de formiga (en chinés: 蚁鼻钱; pinyin: yǐ bí qián, "moeda como o nariz dunha formiga"), coñecidas tamén como moedas yi-bi, eran unhas pequenas moedas chinesas fundidas en bronce e emitidas no Estado de Chu durante o período dos Reinos Combatentes (475-221 a. de C.). "Coin; ant-nose money". The British Museum."鬼脸钱:丑陋的战国货币 ("Diñeiro-cara: moedas feas dos Estados en Guerra"). Hebei.news.163.com. 22 de xullo de 2013. Walker, T. Páxina 4.
En lingua chinesa coñécense tamén como 鬼脸钱 (guǐ liǎn qián; "moeda coa cara do diaño").
Tipoloxía esquerda|miniatura|Anverso dunha moeda-nariz de formiga miniatura|Molde para a fundición de moedas-nariz de formiga (Museo de Shanghai) Estas moedas parecen ser, pola súa forma ovalada, unha evolución das moedas-cuncha. Teñen habitualmente entre 14 e 18 milímetros de altura e entre 5 e 7 de ancho, e pesan arredor de 3 gramos. Nos seus anversos amosan unha inscrición arcaica e no extremo inferior presentan un pequeno furado (frecuentemente non completo), en tanto que os seus reversos son planos.Walker, T. Páxinas 1-2."Ant Nose Money - Ghost Face". Numista.com
Canto ás inscricións, coñécense oito variantes, das que só catro foron descifradas e as outras catro son obxecto de debate entre os investigadores.Walker, T. Páxina 4.
A denominación de "moeda-nariz de formiga" foilles dada polos seus descubridores, que nalgúns casos tamén as denominaron como "moedas-cara de fantasma", baseándose na confusa aparencia das moedas. Porén, o que as fai semellar unha cara de formiga (sobre todo no modelo máis común) é realmente a lenda arcaica de gran tamaño, o que se ve favorecido ademais polo furado inferior, que lembra unha boca.
En 1963 houbo un achado duns 5.000 exemplares nun lago en Xiaogan, Hubei, cun peso medio de 4,37 gramos."战国钱币一组 ". Rongyi.org. 14 de marzo de 2018.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Walker, T. "The Oft-Misunderstood Ant-Nose Coinageof Ancient China". Coincomunity.com
Outros artigos
Formas das moedas Espada-moeda Moeda-machada Moeda-coitelo Moeda-pa
Categoría:Moedas da China Categoría:Moedas da Idade Antiga