A veda é a prohibición de cazar ou pescar certas especies de animais terrestres ou acuáticos nun sitio ou nunha época determinados. Por extensión denomínase tamén veda ao período de tempo que dura a prohibición de cazar ou de pescar.. Características

A súa finalidade é a de permitir que ocorra o ciclo de reprodución da especie e a recuperación das súas poboacións.

Realizada cada ano, e normalmente no mesmo período, as vedas demostraron seren efectivas para a recuperación dos recursos. Ademais, o seu establecemento por parte das autoridades e o seu acatamento por parte de cazadores, pescadores, comerciantes e consumidores, produce múltiples beneficios para cada un deles, así como para os ecosistemas e a conservación do recurso.

Os períodos de veda de poden variar coa especie a protexer, a temporalidade de prohibición e as rexións onde se establece.

Notas

Categoría:Ecoloxía