Nightwish é un grupo de Power Metal, procedente de Kitee, Finlandia.

Historia

Nightwish nace en xullo de 1996, durante unha saída de camping de Tuomas Holopainen cos seus amigos Tarja Turunen (por entón unha novata soprano da Jan Sibelius Academy de Helsinqui) e Erno Vuorinen "Emppu". Tempo despois unirase á banda Jukka Nevalainen.

Durante a primeira metade de 1997, asinan contrato con Spinefarm Records e gravan unha demo de 7 cancións, que máis tarde formarían parte de Angels Fall First, primeiro disco da banda. No segundo semestre dese ano gravaron outras 4 cancións e publicaron o sinxelo titulado "The Carpenter", todo un éxito de vendas en Finlandia. Finalmente, a comezos de novembro, sae ó mercado Angels Fall First, con idéntico resultado.

A comezos de 1998, debido a unha notoria carencia dun baxista estábel, únese ó grupo Sami Vänskä e coménzase a gravación do seu segundo traballo titulado Oceanborn (segundo os fans, o disco de referencia do grupo) que sae ó mercado en decembro dese mesmo ano. Figurando como número 1 nas listas de vendas do país.

A comezos do 2000 a agrupación finesa volta ós estudios e comeza a traballar no seu terceiro disco Wishmaster, traballo que se ve interrompido cando o grupo se presenta para representar ó seu país no Festival de Eurovision coa canción Sleepwalker, no que quedarían en segundo posto. Tras iso, sae á venda Wishmaster, outro éxito de vendas e disco de ouro ás poucas semanas do seu lanzamento.

Para o ano 2001 Nightwish comeza a gravar un cover do tema de Gary Moore Over The Hills And Far Away ademais doutras cancións propias (Tenth Man Down e Away) para compretar o EP titulado Over The Hills And Far Away que tamén incluiría seis cancións gravadas en directo e unha nova versión de Astral Romance.

Nesta época, por diferenzas de pareceres, Sami Vänskä é substituído por Marco Hietala (antigo membro de Sinergy)

No 2002 aparece Century Child álbum no que se pode apreciar claramente a influencia do Black Metal do novo baxista, dotando ó disco dunha gran forza, sobre todo no acompañamento nas voces.

No 2003 a banda entra nun gran receso, debido a que Tarja Turunen contrae matrimonio co arxentino Marcelo Cabuli e comeza a estudar canto lírico en Alemaña (o que puxo en perigo a continuidade do grupo) como tamén influíu que Jukka Nevalainen e a súa moza Satu tivesen unha filla.

No ano 2004 os fanáticos de Nightwish viron rencompensada a súa paciencia coa saída á venda do agardado quinto álbum da banda Once (no que retoman a súa veta sinfónica acompañada dunha boa dose de metal). O resultado: o mesmo día do lanzamento converteuse en disco de ouro en Finlandia. Co novo álbum, Nightwish asina contrato coa casa discográfica Nuclear Blast o que influíu nunha mellora considerabel na comercialización deste disco a nivel internacional. Na xira dese mesmo ano, só nos concertos de Alemaña, Suíza e Austria, venderon máis de 50.000 entradas.

O 21 de outubro do ano 2005 despois do concerto no Hartwall Areena de Finlandia que se empregará para facer o DVD End of an Era, os outros catro integrantes da banda entregáronlle unha carta a Tarja dicíndolle que xa non contaban con ela para continuar con Nightwish. As razóns expostas foron a súa suposta actitude de diva e o interese polo diñeiro sobre outras cousas. A carta foi publicada o día seguinte na páxina oficial da banda. en inglés

Membros

Tarja Turunen - Voces (dende 1996 ata End of an Era (2005)) Tuomas Holopainen - Teclado Erno "emppu" Vuorinen - Guitarra Sami Vänskä - Baixo (dende Oceanborn (1998) ata Over The Hills And Far Away (2001)) Marco Hietala - Baixo (dende Century Child (2002) ata a actualidade) Jukka Nevalainen - Batería Floor Jansen - Cantante dende o 2013.

Discografía

Álbums Álbum Ano Selo Angels Fall First 1997 Spinefarm Records Oceanborn 1998 Spinefarm, Drakkar, Toy's Factory Wishmaster 2000 Spinefarm, Drakkar, Toy's Factory, Century Media Century Child 2002 Spinefarm, Drakkar, Toy's Factory, Century Media Once 2004 Spinefarm, Nuclear Blast, Roadrunner Dark Passion Play 2007 Spinefarm, Nuclear Blast, Roadrunner Imaginaerum 2011 Nuclear Blast, Roadrunner Endless Forms Most Beautiful 2015 Nuclear Blast, Roadrunner Human. :II: Nature. 2020 Nuclear Blast Yesterwynde 2024 Nuclear Blast

EPs

Over The Hills And Far Away - 2001

Sinxelos

The Carpenter - 1997 Sacrament Of Wilderness - 1998 Walking In The Air - 1999 Sleeping Sun (Four Ballads Of The Eclipse) - 1999 Deep Silent Complete - 2000 Over The Hills And Far Away - 2001 Ever Dream - 2002 Bless The Child - 2002 Nemo - 2004 Wish I Had An Angel - 2004 Kuolema Tekee Taiteilijan - 2004 The Siren - 2005 Sleeping Sun - 2005 Eva - 2007 Amaranth - 2007 Erämään viimeinen - 2007 Bye Bye Beautiful - 2008 The Islander - 2008 Storytime - 2011 The Crow, the Owl and the Dove - 2012 Élan - 2015 Endless Forms Most Beautiful - 2015 Noise - 2020 Harvest - 2020

DVDs

From Wishes To Eternity - 2001 End Of Innocence - 2003 End of an Era - 2006

Recompilacións

Wishmastour 2000 - 2000 Tales From The Elvenpath - 2004 Bestwishes - 2005 Highest Hopes - 2005

Versións "Where Were You Last Night" de Ankie Bagger "High Hopes" (directo) de Pink Floyd "Phantom of the Opera" de Andrew Lloyd Webber "Symphony of Destruction" (directo) de Megadeth "Over the Hills and Far Away" de Gary Moore "Walking in the Air" de Howard Blake

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial, en finlandés, inglés e alemán Páxina oficial de Tarja Turunen

Categoría:Grupos musicais de Finlandia