miniatura|300px|Estreleira, utilizada polo nacionalismo de esquerdas a partir da segunda metade do século XX. O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego.V Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:
É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, dende a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade.Cuberta do libro coordenado por Francisco Carballo, Historia de Galicia, Edicións A Nosa Terra, 1996, ISBN 84-89138-65-6. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.
Ideoloxía Dentro do nacionalismo galego podemos atopar dúas correntes ideolóxicas principais: Unha, a maioritaria que avoga por unha ampla autonomía, ou pola transformación de España nun estado federal ou confederal. Outra, a da esquerda independentista, que aposta pola ruptura co estado español e co modelo de sociedade capitalista. Estas dúas correntes, porén, teñen puntos en común como son a defensa da lingua (defendendo algúns o reintegracionismo) e cultura galega, o recoñecemento de Galiza como nación e a defensa da integración dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela e León na Comunidade Autónoma Galega (véxase Irredentismo galego). Por outra parte cabe resaltar o feito de que, ó contrario co que sucede no País Vasco e Cataluña, en Galiza predomina o nacionalismo de esquerdas, dende posicións que van dende a esquerda radical (Primeira Linha) ata posicións moderadas de centroesquerda (BNG).
Historia O nacemento do nacionalismo galego propiamente dito dáse coas Irmandades da Fala, pero antes houbo outros tres movementos sen os cales non é doado imaxinar a existencia do nacionalismo galego. O galeguismo nacionalista coñecerá o seu completo desenvolvemento coa creación do Partido Galeguista en 1931.
Orixes dereita|miniatura|Rúa da Patria Galega en Malpica.
Afírmase que unha certa tendencia nacionalista existiu sempre na conciencia do pobo galego. Dende os albores da civilización, Galiza ten sido unha rexión moi remisa á asimilación política ou cultural por parte doutros pobos. Foron os galegos, xunto a ástures e cántabros os derradeiros obstáculos ós que Roma tivo que enfrontarse para a "pacificación" total de Hispania. Durante a Idade Media, Galiza coñeceu un período de independencia no que os continuos enfrontamentos entre as distintas casas nobiliarias configurou un período que en moitas ocasións chegaba a anarquía e que non finalizou ata que foi asimilado o seu control pola coroa de Castela, que apoiou nun principio as revoltas irmandiñas, iniciadas pola baixa nobreza e o campesiñado asolagado pola presión económica e social da que eran obxecto por parte da nobreza preponderante, como medio para eliminar e controlar os nobres levantiscos e que remataron substituíndo o sistema nobiliario con nobres foráneos ou atraendo á corte aos nobres afíns a súa causa,Caixa Galicia - Idade Media e as Dinastías en Galicia. ademais doutras medidas de reforma política co obxecto de exercer un mellor control sobre o territorio.
Os anos escuros de Galiza comezaron e o galego e a conciencia de nación sobreviviu nas aldeas, mentres as clases altas e a burguesía adoptaron, maioritariamente, o castelán como elemento diferenciador social.
Os precursores Dentro dos precursores podemos sinalar tres movementos: O provincialismo
miniatura|Monumento aos Mártires de Carral, inaugurado en 1905, obra de Juan Álvarez Mendoza. O levantamento de Solís contra Ramón María Narváez supón un fito para o nacionalismo galego. O provincialismo é un movemento que nace en 1840 para defender a integridade do territorio de Galiza. Esta integridade víase ameazada por mor dun proxecto de división do estado en provincias que se comezara a elaborar trala morte de Fernando VII. Os provincialistas querían que Galiza fose unha soa provincia e que non fose dividida nas catro que hoxe coñecemos.
Hai dúas etapas no movemento provincialista: unha que vai de 1840 a 1846 e outra que vai de 1854 a 1865. A primeira etapa caracterízase por ser un período moi activo cultural e politicamente. É neste período cando os provincialistas se suman ao pronunciamento do comandante Miguel Solís, que acabará co fusilamento dos Mártires de CarralGalicia Espallada - O fusilamento dos mártires de Carral.. O segundo provincialismo é basicamente cultural, e é con el cando se produce o Rexurdimento literario de Galiza.
O federalismo
A partir de 1865, e ata 1875, desenvólvese o federalismo galego, que acadará o seu cumio coa Primeira República Española. Os federalistas propugnaban que Galiza ficase como un cantón dentro do estado español e que fose rexida pola súa propia Constitución cantonal. Esta etapa, non obstante non é demasiado importante e non perviviu de ningún xeito.
O rexionalismo
Manuel Murguía.|miniatura|140px|esquerda Este período dura entre 1875 e 1907 (aprox), aínda que hoxe en día hai políticos que seguen a mantelo. Neste período dáse unha reestruturación cultural e ideolóxica, na que sectores tradicionalistas e conservadores adoptan as ideas galeguistas. O seu acontecemento destacado é a fundación da Asociación Regionalista Gallega, e terá como líderes principais a Manuel Murguía e Alfredo Brañas. Remata coa fundación da Real Academia Galega e o paso ás Irmandades da Fala.
Nacemento miniatura|280px|dereita|A Nosa Terra foi voceiro das Irmandades entre 1916-1932. O ideario galeguista que xurdira co provincialismo e que se desenvolvera co rexionalismo é recollido no século XX polas Irmandades da Fala, asociación de corte sociocultural fundada en 1916 e pola que pasaron galeguistas como Antón Vilar Ponte, Vicente Risco e Ramón Cabanillas. Podemos situar o comezo do nacionalismo galego propiamente dito na asemblea que as Irmandades celebran en Lugo en 1918, na que se manifesta:
Nesta Iª Asemblea conclúese reivindicar unha autonomía total para Galiza, cara a unha federación de nacións da península; a cooficialidade do galego e do castelán en Galiza e un posto para Galiza na Sociedade de Nacións.
Evolución Inicios Dentro do nacionalismo, maioritariamente federalista, convivían dúas grandes tendencias: a católico-tradicionalista, contraria ao desenvolvemento capitalista, ruralista, inimiga de calquera alianza cos republicanos e remisa a participar nas eleccións; e a liberal-democrática, inspiradora do programa lucense, filo-republicana e partidaria da acción política en todos os ámbitos. A tensión entre as dúas tendencias desembocou finalmente nunha escisión en 1922. Por un lado estaba a Irmandade da Coruña, un bastión liberal que aglutinaba á metade de todos os afiliados; por outra, o resto dos grupos, ideoloxicamente máis heteroxéneos, que en nome da pureza nacionalista conformaron a Irmandade Nazonalista Galega, presidida por Vicente Risco, principal ideólogo destes anos.Beramendi, Justo. ; "Historia mínima de Galicia"
En 1922 celébrase en Monforte outra Asemblea das Irmandades da Fala. Alí manifestáronse as diferenzas entre as dúas correntes dentro da organización: a que propugnaba maior participación na política e a que defendía continuar na liña cultural. Decantándose a favor da segunda, iníciase unha etapa de corte cultural na que ten moita importancia o Grupo Nós. Fúndase nesta época o Seminario de Estudos Galegos. A ditadura de Primo de Rivera supuxo un paro de 6 anos na actividade política dos grupos galeguistas.
En América tamén houbo algunha agrupación nacionalista, como o caso da Xuntanza Nazonalista Galega da Habana ou a Sociedade Nazonalista Pondal en Bos Aires.
II República miniatura|esquerda|260px|Fundación do Partido Galeguista.
En 1929 nace a ORGA de Santiago Casares Quiroga, unha organización galega de corte autonomista, republicano e de esquerdas, aínda que en realidade de base burguesa. Foi a forza impulsora do Pacto de Lestrobe (marzo 1930) e da creación da Federación Republicana Gallega. Esta acadou un importante éxito electoral nas eleccións constituíntes de 1931, sendo a forza hexemónica en Galiza con 15 deputados. Entre eles claros nacionalistas como Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo ou o propio Ramón Otero Pedrayo integrado a través do Partido Nazonalista Repubricán, de implantación ourensá. En 1933, pasaría a denominarse Partido Republicano Gallego que acabaría na esfera da Izquierda Republicana de Manuel Azaña.
miniatura|Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. En 1931 nace o Partido Galeguista, en realidade unión de varios grupos nacionalistas tanto de esquerdas como de dereitas, que fai seu o programa das Irmandades. Estivo liderado por Castelao e Alexandre Bóveda. O PG tivo un éxito notable: en catro anos pasou de 700 a 6.000 afiliados, de ter 30 grupos locais a 150, e de 54.000 a 300.000 votos. O seu obxectivo final era a creación dunha república federal cun estado galego federado. Porén, a súa meta inmediata foi a consecución dun estatuto de autonomía para Galiza. Un dos grandes logros do partido foi conseguir que Galiza fose acollida no IX Congreso de Nacionalidades Europeas de 1933, organismo adxunto da Sociedade de Nacións (xerme da actual ONU). A declaración presentada pola delegación galega, que foi admitida, dicía:
O PG, en principio un partido aglutinante, debeu aliarse coa Fronte Popular, debido á postura antiautonomista dos grupos da dereita española. Este feito provoca dúas escisións: Dereita Galeguista de Pontevedra (Xosé Filgueira Valverde) e Dereita Galeguista de Ourense (Vicente Risco). Estas escisións serán moi criticadas por Castelao. Este acadara acta de deputado xa en 1931, e dentro da Fronte Popular en 1936, con Villar Ponte e Ramón Suárez Picallo.
Co triunfo das esquerdas nas eleccións de 1936, celébrase o 28 de xuño un referendo sobre o estatuto de autonomía. Votou o 74,52% da poboación e un 99,05% deste pronunciouse afirmativamente. Tras isto, viaxou a Madrid unha comisión de deputados de Galiza para presentarlle ás cortes o estatuto. Porén, a sublevación militar do 18 de xullo e a ocupación de Galiza polo bando sublevado fixo inviable a aplicación de dito estatuto.
Ditadura miniatura|Alexandre Bóveda. Durante a ditadura de Francisco Franco todo o movemento relacionado co nacionalismo e a lingua galega foi duramente reprimido. Dirixentes nacionalistas como Alexandre Bóveda e Ánxel Casal (alcalde de Santiago de Compostela), foron fusiladosBiografía de Ánxel Casal en Vieiros., e a meirande parte do nacionalismo trasladouse ó exilio. É precisamente no exilio americano onde se crea o Consello de Galiza, en 1944, formado por catro deputados galegos: Castelao (o seu primeiro presidente), Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde. Neste mesmo ano publícase en Bos Aires unha obra crucial para o nacionalismo galego republicano, o Sempre en Galiza de Castelao.
O ano 1950 constitúe a fin dunha etapa do nacionalismo galego, á da oposición política ó réxime franquista, que esmorece trala morte de Castelao nese ano e, ante a permanencia inamovible do réxime, a disolución do Partido Galeguista. Así, pasarase a unha nova estratexia, a vía culturalista, da que é expoñente a Editorial Galaxia, fundada no mesmo ano 1950. Porén, a finais da década dos 50 volveuse retomar o pulso político, sumado á actividade cultural que se viña desenvolvendo.