José Giral Pereira, nado en Santiago de Cuba en 1879 e finado en México en 1962, foi un político español.
Traxectoria Fundador, xunto a Manuel Azaña, de Acción Republicana e membro de Izquierda Republicana, dende a fusión entre Acción Republicana, o Partido Radical Socialista e a ORGA.
Entre 1931 e 1933 foi ministro de Mariña. Tralo intento de Diego Martínez Barrio de formar goberno para deter a sublevación militar do 17 de xullo de 1936, Manuel Azaña encargoulle formar novo goberno constituído exclusivamente por republicanos. Este goberno duraría dende o 19 de xullo até o 4 de setembro de 1936, cando a caída de Talavera de la Reina e con Madrid ó alcance do Exército de Marrocos, obrigou a entregar o poder a Francisco Largo Caballero. Durante o goberno de Giral, o exército foi disolto por decreto e déronse ordes de entregar as armas ás organizacións obreiras.
O 4 de febreiro de 1939 foi afastado da súa cátedra de química na Universidade Central por "pública y notoria desafección al nuevo régimen". Exiliouse a México.
Foi nomeado Presidente do Goberno español no exilio, cargo que desenvolveu entre 1945 e 1947.
Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Presidentes de España Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Santiago de Cuba Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Políticos de Acción Republicana Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:República española no exilio