O Trofeo Teresa Herrera de 1962 foi a 17ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 9 de setembro de 1962 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 4-2 ao Benfica portugués.Datos da final en rsssf.com

O torneo foi programado para setembro, no canto das habituais datas de xuño por mor dos traballos de renovación do céspede de Riazor. O Deportivo acababa de ascender a Primeira División despois de cinco anos en Segunda, mentres que o Benfica viña de gañar a súa segunda Copa de Europa consecutiva. Con todo, a vitoria foi para o equipo galego e o torneo supuxo un grande éxito de público e de recadación de fondos para a beneficencia.

Participantes Deportivo da CoruñaCampión do Grupo Norte da Segunda división española 1961/62 BenficaCampión de Europa 1960/61 e 1961/62

Partidos Final

Titulares: Padrón Miché Rifé Domínguez Ruiz Aurre Loureda Escolà Veloso Jaime Blanco MontalvoAdestrador: RabassaTitulares: Costa Pereira Ângelo Germano Fernando Cruz Cavém Humberto José Augusto Eusébio José Águas Coluna Simões Substitucións: Raúl Adestrador: Fernando Riera

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos da final en ceroacero.es O alcalde da Coruña, Sergio Peñamaría, entregando o trofeo a Veloso. Proxecto Recordos en Branco e Azul en Phottic.

Categoría:Fútbol en 1962 1962 Categoría:1962 en Galicia