Antonia de la Torre Martínez, nada no Porto do Son o 21 de maio de 1894 e finada en Noia en 1969, foi unha mestra galega.

Traxectoria Estudou no Colexio das Orfas de Santiago de Compostela e cursou a carreira de Maxisterio por libre. Tras aprobar as oposicións foi destinada a escola de Fruíme, onde desenvolveu a súa vida profesional.

A pesar das dificultades da contorna e da época na que viviu conseguiu desenvolver un ambicioso programa educativo, sen esquecer a proxección social da escola. Tiña unha ampla formación cultural, entre as súas afeccións destaca a poesía e a recopilazón de material etnográfico sendo unha das persoas que axudaron neste labor ao antropólogo Carmelo Lisón Tolosana. Tamén impartiu conferencias e cursos de formación ao profesorado da zona.

Foi unha muller solidaria que axudou as persoas fuxidas por ter relación coa República.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes