María de los Dolores Asúnsolo López-Negrete, nada en Victoria de Durango o 3 de agosto de 1904this (see 1919 travel manifest at Ancestry.com ) gives her age as 15; accessed 19 July 2016.Jarlson, Gary; Thackery Jr, Ted (13 April 1983). "Dolores Del Rio, Exotic Queen of Films, Dies". Los Angeles Times. Retrieved 2 April 2020. e finada en Newport Beach o 11 de abril de 1983, foi unha actriz mexicana coñecida como Dolores del Río. A súa carreira de máis de cincuenta anos deulle gran recoñecemento internacional, sendo considerada a primeira estrela latinoamericana en HollywoodFilm International: The First Latina to Conquer Hollywood , Filmint.nu; conslutado o 19 de xullo de 2016.The Face of Deco: Dolores Del Rio , Screendeco.wordpress.com,18 de maio de 2012.Dolores del Río biodata , TCM.com; consultado o 19 de xullo de 2016. cunha destacada participación no cinema estadounidense nas décadas de 1920 e 1930. Tamén está considerada unha das actrices máis importantes da era de ouro do cinema mexicano nas décadas de 1940 e 1950.
Traxectoria Foi educada no Convento de San Xosé, en México, e pola súa bela voz,os seus pais enviárona a aprender canto en París e despois en Madrid. Debutou no cinema en 1925 acadando a popularidade debido á súa fascinante e vigorosa personalidade.
Foi a precursora do uso de traxes de baño de dúas pezas no cinema en 1933, no primeiro filme protagonizado por Fred Astaire. Non obstante, a actriz afirmou que os produtores e directores norteamericanos non lle daban papeis interesantes e que só ao volver a México ao final da década de 1940, tivo súas mellores oportunidades.
Era dunha beleza moi destacada e mesmo aos setenta anos, apenas tiña engurras. A súa pel lisa e o brillo dos cabelos sempre provocaron envexa nas grandes estrelas de Hollywood. Dicía que o segredo da súa xuventude era durmir de 10 a 12 horas cada día, non bebel alcol, non comer alimentos graxos e unha vez por semana alimentarse só de cenouras, zume de laranxa e limón.
En 1946, xa en México, tivo o seu maior éxito no cinema, María Candelaria que recibiu o premio ao mellor filme no Festival de Cannes.
Filmografía Joanna (1925) What Price Glory? (1926) Resurrection (1927) The Loves of Carmen (1927) Ramona (1928) Evangeline (1929) Ave do paraíso (1932) Flying Down to Rio (1933) Wonder Bar (1934) Madame Du Barry (1934) In Caliente (1935) Accused Devil's Playground (1937) Journey Into Fear (1943) Flor silvestre (1943) María Candelaria (1943) Las Abandonadas (1944) Bugambilia (1944) La otra (1946) The Fugitive (1947) La malquerida (1949) Doña Perfecta (1951) El niño y la niebla (1953) La cucaracha (1959) Flaming Star (1960) O gran combate (1964) Casa de mujeres (1967) The Children of Sanchez (1978)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Dolores del Río at the Cinema of Mexico site of the ITESM Dolores del Río profile, Virtual-History.com The Dolores del Rio mural 1990 by artist Alfredo de Batuc, 6529 Hollywood Boulevard + Hudson St, Los Angeles, California Dolores del Rio statue on Hollywood-La Brea Boulevard Photographs of Dolores del Rio
Categoría:Nados no estado de Durango Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Mexicanos de ascendencia española Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Actores de teatro de México