A Universidade Brown (en ) é unha universidade privada estadounidense localizada en Providence, no estado de Rhode Island. É unha das oito universidades que conforman a Ivy League, e neste contexto é unha das universidades máis prestixiosas do mundo. É a sétima institución de ensino superior máis antiga dos Estados Unidos e unha das nove establecidas antes da independencia en 1776.
Historia Fundada en 1764 como College of the English Colony of Rhode Island, Brown foi a primeira universidade estadounidense que aceptou alumnos de todas as afiliacións relixiosas.Bronson (1914), páx. 30. En 1804, a universidade foi renomeada en honra de Nicholas Brown, que contribuíra con 5000 dólares á institución.Bronson (1914), pp. 29–33.
En 1891, Brown creou un college feminino (Pembroke College), que posteriormente se uniu ao college masculino en 1971.
Organización Brown é coñecida polos seus programas de estudo únicos, exemplificados no New Curriculum (Novo Currículo) instituído en 1969. Baixo o New Curriculum, un alumno xa non está obrigado a tomar unha distribución de cursos entre diferentes materias, e o sistema de notas foi simplificado.
Brown conta con preto de 100 carreiras con titulación de grao, e máis de 50 carreiras a nivel posgraduado. Tamén ten unha escola de medicina (Brown Medical School), con 326 estudantes. Conta cunha escola de saúde pública e unha de enxeñaría entre outras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial Brown Athletics site