miniatura|250px|RS-D1. Rohini foi unha serie de catro satélites artificiais da India lanzados entre 1979 e 1983.
Características Os satélites Rohini, sucedidos polos Stretched Rohini Satellite Series, foron catro demostradores tecnolóxicos para probar novas tecnoloxías. Rohini 1A, tamén coñecido como RTP (Rohini Test Payload) e Rohini 1B, coñecido ademais como RS 1 (Rohini satellite 1) foron usados para probar o rendemento do foguete SLV 3. Ambos tiñan unha masa de 35 kg, estabilizábanse mediante xiro, levaban células solares para producir enerxía e levaban instrumentación para monitorizar o lanzamento ata órbita.
Rohini 2 e 3 (coñecidos tamén como RS D1 e D2) foron lanzados para probar unha plataforma sinxela de observación da Terra. Eran similares a RTP e RS 1, cunha masa similar, estabilizándose mediante xiro e alimentándose mediante células solares. RS D1 reentrou na atmosfera prematuramente, aos 9 días de chegar a órbita, debido a unha altura orbital máis baixa do previsto. RS D2 levaba sensores para a luz visible e infravermella e a súa misión durou 17 meses.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasRohini 1A10 de agosto de 1979SLV 3FalloRohini 1B18 de xullo de 1980SLV 3ÉxitoRohini 231 de maio de 1981SLV 3Fallo parcialRohini 317 de abril de 1983SLV 3Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos SLV 3 Stretched Rohini Satellite Series
Categoría:Satélites artificiais