Alejandro Fernández Álvarez, nado en Tarragona o 30 de maio de 1976, é un político e politicólogo catalán, deputado no Congreso na Xª Lexistaltura e deputado no Parlamento catalán durante a XIª e XIIª lexislaturas. É presidente do Partido Popular Catalán dende o 10 de novembro de 2018 despois da renuncia de Xavier García Albiol.

Traxectoria Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade Autónoma de Barcelona e fixo un máster en Comunicación Política pola mesma universidade. Foi profesor de Ciencia Política da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona entre 2004 e 2012.

Traxectoria política Ingresou nas Novas Xeracións do Partido Popular en 1994. En 1999, converteuse en asesor do PP no concello de Tarragona e, en 2003, foi elixido concelleiro. Dende 2008 é o presidente provincial do seu partido e, dende, 2009 é o voceiro e candidato pola provincia.

Nas eleccións xerais de 2011, na Xª Lexislatura, conseguiu a acta de deputado como cabeza de lista do PP pola circunscrición electoral de Tarragona. Nas eleccións municipais de 2015 repetiu como alcaldable do PP para Tarragona, pero pasou de 7 a 4 concelleiros. Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 foi cabeza de lista do PP por Tarragona e foi elixido deputado e dende o 22 de novembro de 2016 é o Portavoz do PP no Parlamento de Cataluña, en substitución de Enric Millo.

Foi reelixido deputado tralas eleccións ao Parlamento de 2017 cunha apertada pugna polo escano correspondente na circunscrición Tarragona. En outubro de 2018, converteuse no novo presidente do Partido Popular de Cataluña. Fernández foi o único candidato que presentara avais suficientes para ser proclamado, trala retirada do único competidor, Iván García, que alegou "falta de neutralidade, transparencia e garantías" no proceso electoral.

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021, foi o candidato do Partido Popular á Presidencia da Generalitat, conseguindo só 3 escanos en total, perdendo 1 con respecto ás eleccións anteriores.

Ideoloxía Fernández preséntase a si mesmo como un «liberal conservador», e considera a Margaret Thatcher e a Ronald Reagan como referentes políticos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Políticos do PP Categoría:Profesores da Universidade Rovira i Virgili