Pokémon Mystery Dungeon: Rescue Team DX (en ; Pokémon Fushigi no Danjon Kyūjotai DX) é un videoxogo remake de 2020 do xogo de 2005 Pokémon Mystery Dungeon: Blue Rescue Team e Red Rescue Team. Forma parte da serie Pokémon Mystery Dungeon desenvolvido por Spike Chunsoft, publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo para a consola Nintendo Switch. Foi anunciado o 9 de xaneiro de 2020 e lanzouse internacionalmente o 6 de marzo de 2020. É o primeiro remake dun xogo de Pokémon fóra da serie principal. O xogo presenta un novo estilo de arte pictórico e inclúe características novas como a Mega Evolution, o autogardado e o modo automático. O 31 de marzo de 2020, o xogo vendeu 1,26 millóns de copias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial xaponesa
Categoría:Videoxogos de 2020 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos exclusivos de Nintendo Switch