Marsilea minuta é unha especie de pteridófita da clase das polipodiópsidas, orde das salviniais, e familia das marsileáceas, unha das integradas no xénero Marsilea.Marsilea L. no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2021.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1810 polo médico e botánico escocés Robert Brown, nun traballo publicado en Prodr. Fl. Nov. Holl. 167.Marsilea angustifolia R.Br. no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2021.
Sinónimos Ademais de polo seu protónimo creado por Brown, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Zalusianskya angustifolia (R.Br.) Kuntze Zaluzianskia angustifolia (R.Br.) Kuntze
Características Marsilea angustifolia, propia de Australia, é un fento de frondes pequenas e estreitas, moi estendida nas augas interiores pouco profundas e no barro seco, e en campos de cultivo de arroz. É moi semallante a Marsilea minuta da que non se pode distinguir claramente.Marsilea angustifolia in-vitro - Planta de acuario vivo .
Pode alcanzar de 5 a 10 cm de altura, e de 2 a 5 cm de ancho.Marsilea angustifolia en aquaorinoco.com .
Este fento, aínda que non moi frecuentemente, cultívase como ornamental en acuarios. As frondes mergulladas son algo máis longas que as aéreas. O seu pequeno tamaño faina axeitada para pequenos recipientes.Marsilea angustifolia en aquasabi.com .
Nos acuarios neceista auga a unha temperatura de entre os 20 e os 28 °C, e cun pH de 6 a 7,5.
Notas
Categoría:Salviniales Categoría:Flora de Australia