María Trinidad Sánchez, nada en Santo Domingo o 19 de xuño de 1794, e finada o 27 de febreiro de 1845, foi unha política dominicana e loitadora polas liberdades, heroína da guerra dominicana de independencia. Participou a carón dos rebeldes como mensaxeira. Xunto con Concepción Bona, Isabel Sosa e María de Jesús Pina, participou no deseño da bandeira da República Dominicana. Foi executada logo de rexeitar traizoar ós seus colaboradores en troques da súa vida. A provincia de María Trinidad Sánchez recibe o seu nome na súa honra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e valoración en Red Poder Comunitario
Categoría:Nados en 1794 Categoría:Nados en Santo Domingo Categoría:Finados en 1845