Servílio de Jesus, máis coñecido como Servílio, nado en São Félix, Baía, o 15 de febreiro de 1915 e finado en São Paulo o 10 de abril de 1984, foi un futbolista brasileiro que xogaba de centrocampista e dianteiro.

Traxectoria Tras xogar no Galícia acabado de fundar marchou ao Bahía en 1935, pero volveu dous anos despois. Co Galícia proclamouse en 1937 campión baiano, o primeiro título do club.

Foi descuberto polo Corinthians en 1938, nunha excursión do club paulista ao estado de Baía. Incorporouse entón ao equipo paulista e adaptouse rapidamente, converténdose no principal armador do xogo xunto a Teleco, a grande estrela do equipo. Militiou no Corinthians máis dunha década, converténdose nun ídolo para a afección, que o alcumou "O Bailarino da Fazendinha". Marcou 200 goles coa camiseta do Corinthians, sendo un dos maiores goleadores da historia do club, e gañou tres veces o Campionato Paulista, 1938, 1939 e 1941. Foi ademais o máximo goleador do campionato nos anos 1945, 1946 e 1947.

Pechou a súa carreira xogando no Ypiranga de São Paulo.

Foi pai do ex-dianteiro Servílio de Jesus Filho, que destacou no Portuguesa e no Palmeiras.

Selección brasileira Foi internacional coa selección brasileira en sete ocasións. Debutou o 14 de xaneiro de 1942 fronte a Chile no Estadio Centenario, nun partido do Campionato Suramericano que acabou con vitoria por 6-1 para Brasil. Marcou o seu único gol coa canarinha tres días despois no mesmo estadio, na derrota fronte á Arxentina por 2-1. Disputou tamén o Campionato Suramericano de 1945 no que Brasil rematou subcampión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Servílio na web da Confederación Brasileira de Fútbol

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Xogadores do Galícia Esporte Clube Categoría:Xogadores do EC Bahia Categoría:Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil