María Paloma Rodríguez Vázquez, nada en Ferrol o 23 de maio de 1956 e finada na mesma cidade o 15 de marzo de 2021, foi unha mestra, psicóloga, escritora e política galega, afiliada ao PSdeG-PSOE.
Traxectoria Licenciada en psicoloxía, traballou como mestra de ensino infantil nun colexio de Fene, pero tamén en Madrid, no Instituto da Muller, e na Xunta de Galicia en áreas de igualdade e muller. Formou parte da candidatura do PSOE ás eleccións de 2011 pola provincia da Coruña, pero non saíu elixida deputada. Porén, logo da dimisión de Francisco Caamaño a finais de 2012 como deputado, accedeu ao Congreso dos Deputados, onde permaneceu case tres anos.
Formou parte durante moitos anos da dirección do PSdeG na cidade de Ferrol. Tamén foi presidenta de Alvixe, unha asociación de axuda ás vítimas da violencia de xénero.
Como escritora, publicou varios volumes orientados ao público infantil e xuvenil, onde abordaba temáticas de igualdade de xénero. Estes libros foron escritos a canda Cristina Justo.
Obra
O país dos mandóns (2009) O segredo de Flora (2010) A urna dos desexos (2010) Canto te quero, profe! (2013) Iriña bailarina (2013) Teño dúas casas (2013)
Notas
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes