Pedro Almazán Ramos, nado en Ferrol cara a 1909 e finado no mesmo concello o 21 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fixo a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1929.El Correo Gallego, 9-10-1929, p. 2. Foi mestre da escola de Ferrol Vello dende 1932,El Ideal Gallego, 16-4-1932, p. 4. e despois de Bardaio (Cores, Ponteceso)El Eco de Santiago, 18-4-1934, p. 2. e de Quinta (O Val, Narón). Foi elixido vogal da Alianza de Izquierda Republicana de Ferrol en 1933.El Pueblo Gallego, 1-2-1933, p. 10. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso na Escollera do Arsenal. Foi asasinado polos franquistas o 21 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1936
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos