Azolla mexicana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.Azolla Lam. en World Flora Online. Consultado o 2 de abril de 2021.

É un pequeno fieito acuático flotante orixinario de México e outros países americanos. Posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno.

Como outras salviniáceas é unha planta invasora,encontránddose, entre outros lugares, no Xapón e na Gran Bretaña,Azolla mexicana (Mexican Mosquito Fern) en Minnesota Wildflowers. A Field Gide to the Flor of Minnesota. así como en Dinamarca e Suráfrica.

Taxonomía Descrición A especie foi definida en 1824 polo botánico checo Carl Presl,Azolla mexicana C. Presl en The Plannts List.Consultado o 4 de abril de 2021. nun traballo publicado en Abh. Königl. Böhm. Ges. Wiss. 5 (3): 150.Azolla mexicana C. Presl en World Flora Online. Consultado o 4 de abril de 2021.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Azolla.

O etíteto específico, mexicana, alude a súa principal área de distribución, México, onde se descibíu a súa especie tipo.

Notas taxonómicas Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).Salviniales no ITIS. Consultado o 4 de abril de 2021.Azollaceae en floravascular.com Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS. Consultado o 4 de abril de 2021. e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das salviniáceas.

Aínda que a maioría dos autores consideran a Presl como o descritor da especie, outros atribúenlla, no mesmo ano, ao botánico alemán Georg Friedrich Kaulfuss, nun traballo publicado en Enum. Fil.: 273.Azolla microphylla Kaulf. no GBIF. Por outra parte, o IPNI outórgalla a Diederich Franz Leonhard von Schlechtendal e Ludolf Karl Adelbert von Chamisso, ex Kaulf., nun traballo publicado en Linnaea 18 (3): 352 (1845).Azolla mexicana Schltdl. & Cham. ex Kunze (Gustav Kunze) no IPNI.

Sinónimos Ademais de polo nome cuñado por Presl, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:Azolla microphylla Kaulf. no GBIF.Azolla cristata Kaulf. no ITIS. Azolla cristata Kaulf. Azolla mexicana Kaulf. & Cham. ex C.Presl Azolla mexicana Kaulf. & Cham. Azolla microphylla Kaulf. Azolla portoricensis Spreng.

Características As principais características de Azolla mexicana son:Azolla mexicana (Mexican Mosquito Fern) en Minnesota Wildflowers. A Field Gide to the Flor of Minnesota.Floating-fern (Azolla mexicana) en Wisconsin Depatment of Natural Resources. É unha pequena planta, de 1 a 1,5 cm de lonxitude, dicotomicamente ramificada, con frondes duns 0,7 mm, papilosas, imbricadas. O número de microsporanxios por indusio é descoñecido. Os gloquidios son multiseptados, e as macrósporas (esporas femininas) son foveoladas (tipo de ornamentación, con fovéolas, pequenos ocos na superficie). As plantas están prostradas, flotando na superficie da auga. As follas (frondes) teñen até 1 mm de lonxitude, con disposición alterna e a miúdo superpostas, como as tellas, ao longo dos talos ramificados. Cada folla está dividida en 2 lóbulos e dobrada, de xeito que o lóbulo superior está por riba da superficie da auga e o lóbulo inferior está mergullado. O lóbulo superior é algo suculento e afiado na punta, e está cuberto de pelos curtos, mentres que o lóbulo inferior é máis membranoso e arredondado na punta. Os talos teñen unha lonxitude de aproximadamente 1,25 cm, e normalmente están ramificados, nas plantas ben desenvolvidas normalmente en forma de abano. Cando son novos som de cor de verde brillante a azul-verdoso, a miúdo volvéndose vermella escura máis tarde, ou con polo menos algunhas follas de cor vermella. As plantas poden formaren colonias importantes, ás veces cubrindo un estanque enteiro, e poden formar 'alfombras' de varias capas de até 35 cm de espesor. Producen dous tipos de esporas, contidas en esporocarpos, de dous tipos: o microsporocarpo masculino e o macrosporocarpo feminino. Estes esporocarpos desenvólvense en parellas no lóbulo inferior da folla, sendo a parella dun só sexo ou un de cada sexo. Os microsporocarpos masculinos son globulares e son moito máis grandes que os macrosporocarpos femininos, e teñen forma ovoidea. Os microsporocarpos conteñen moitas pequenas esporas (micrósporas). Os macrosporocarpos conteñen cada un unha espora grande (macróspora), moito máis grande que as micrósporas. A base da megáspora é arredonada, e está escasamente cuberta de pelos longos, e non presentan fosas na supericie.

Hábitat e distribución Azolla mexicana vive en augas estancadas, charcas, regatos de curso lento e pantanos, desde o nivel do mar até os 200 m de altitude, no Canadá, nos Estados Unidos, México, Mesoamérica, Colombia, Venezuela, Güiana Francesa, Ecuador, o Perú e Bolivia.

Especies relacionadas Gómez (1978) describiu a relación entre esta especie e unha avespa solitaria e un coleóptero. Este último vive como larva entre as raíces da planta. A avespa busca as larvas como presas, mergullándose e volcando a planta cando hai larvas presentes.Gómz, P. L. D. (1978): "Some insect interactions with Azolla mexicana (Pteridophyta)". American-Fern-Journal (USA). 68 (2): 60.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía C. van Hove & A. Lejeune (2002): "The Azolla–Anabaena Symbiosis". Biology and Environnment, en Proceedings of The Royal Irish Academy 102B (1): 23–26. (Texto competo en PDF). Davidse, G., M. Sousa Sánchez & S. Knapp. (1995): "Psilotaceae a Salviniaceae. 1", en G. Davidse, M. Sousa Sánchez & A. O. Chater, eds. Fl. Mesoamer. Universidad Nacional Autónoma de México, México, D. F. Azolla mexicana C. Presl, en Flora of North America. Saint Louis, Missouri: Missouri Botanical Garden, e Cambridge, Massachusetts: Harvard University Herbaria. Azolla mexicana C. Presl, en Flora Mesoamericana, Tropicos, 2009. FAO: 2010. Azolla pinnata. . Gleason, Henry A. & Cronquist, Arthur J. (1991): Manual of vascular plants of northeastern United States and adjacent Canada. Bronx, NY, USA: New York Botanical Garden. ISBN 978-0-8932-7365-1.

Outros artigos Salviniales Salviniáceas Azolla

Ligazóns externas Azolla mexicana (Mexican Mosquito Fern) en Minnesota Wildflowers. A Field Gide to the Flor of Minnesota. Azolla mexicana C. Presl en Flora of North America. Floating-fern (Azolla mexicana) en Wisconsin Depatment of Natural Resources. Azolla mexicana Schlechtendal & Chamisso ex K. Presl (Mexican Mosquito Fern) en "Vascular Plants of the Gila Wilderness". Presented in Association with the Western New Mexico University Department of Natural Sciences. Mexican Mosquitofern. Azolla mexicana C. Presl na EOL.

Categoría:Fentos Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas descritas en 1824 Categoría:Salviniales