José Manuel Tapia Hernández, nado en Vigo o 19 de febreiro de 1905, foi un adestrador de fútbol galego, que dirixiu á selección cubana no Mundial de 1938.
Traxectoria Vigués de nacemento, dirixiu á selección de Cuba no Mundial de 1938 en Francia, sendo a primeira vez que un equipo caribeño disputaba a Copa do Mundo. O equipo cubano, capitaneado por outro galego, Manuel Chorens, enfrontouse a Romanía nos oitavos de final, empatando 2-2 e xogando logo un partido de desempate no que os cubanos conseguiron eliminar ao equipo europeo (2-1). En cuartos de final caeron fronte a Suecia por unha goleada de 8-0.
Notas
Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Cuba Categoría:Adestradores do Mundial de Fútbol de 1938