A dos paleodictiópteros (Palaeodictyoptera) é unha orde extinta de insectos primitivos paleópteros do Paleozoico.
Características 200px|miniatura|esquerda|Recreación de Mazothairos. De tamaño de mediano a moi grande, estaban caracterizados polas súas mandíbulas en forma de bico, as ás anteriores e posteriores similares, e un par adicional de aletas (lóbulos paranotais) no protórax, diante do primeiro par de ás. A venación das ás era frecuentemente moi marcada, e incluso poden observarse os seus padróns de coloración. Algunhas especies alcanzaron grandes tamaños, como é o caso de Mazothairos, cunha envergadura de 55 cm.
Palaeodictyoptera non é un clado, senón unha agrupación parafilética basal dos paleodictiopteroideos, que deron orixe a outras ordes de insectos.
Viviron entre o Carbonífero Medio (Silúrico Tardío) e o Permiano Tardío.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Carpenter, Frank. M. (1992): "Superclass Hexapoda. Volume 3 of Part R, Arthropoda 4" en Treatise on Invertebrate Paleontology, Boulder, Colorado: Geological Society of America.
Ligazóns externas Paleodictyoptera no Proxecto The Tree of Life.
Categoría:Insectos extinguidos