¡Maldito bastardo! é un filme galego de terror e comedia dirixido por Javi Camino e protagonizado por Juanillo Esteban.
Argumento Fonsiño (Tamar Novas) escoita xunto a lareira a historia que lle contan os seus avós sobre o doutor Natalio (Juanillo Esteban), un antigo habitante da aldea que se infectou por erro cun virus da súa propia creación. A súa única esperanza pasaba por crear un antídoto a partir dos fluídos corporais dun pailán.
Elenco Juanillo Esteban como o doutor Natalio Palomino. Pilar Miguélez como Florentina/avoa. Álvaro Novo como Alvarito. Tamar Novas como Fonsiño. Manuel Camino como o avó. Carmen López como a enfermeira. David Balado como o chaqueteiro. Laura Sañudo como a leiteira. David Perdomo como a primeira vítima.
Estrea A súa pre-estrea tivo lugar o 19 de maio de 2008 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, mentres que a presentación oficial do filme foi no Festival de Cans.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega Ficha en FilmAffinity .
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego