Cuñados é un filme galego de 2021 dirixido por Toño López e rodado en lingua galega. É unha comedia protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey.
Estreouse na TVG o 16 de maio de 2022. O 18 de abril de 2024 estreouse a súa secuela, +Cuñados.
Sinopse
Para conseguir cartos rapidamente dous cuñados secuestran o cuñado dunha empresaria que os enganou. Porén, a empresaria non ten intención ningunha de pagar o rescate do seu parente.
Personaxes Xosé A. Touriñán como Sabonis Miguel de Lira como Eduardo Federico Pérez Rey como Modesto Eva Fernández como Mati Iolanda Muíños como Cuca María Vázquez como Peque Mela Casal como Aurelia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial do filme Cuñados en AGalega
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Ourense