The Woman in the Window é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Joe Wright. O guión foi escrito por Tracy Letts e baséase na novela homónima de 2018, escrita por A. J. Finn. O filme conta a historia dunha muller agorafóbica (Amy Adams) que comeza a espiar aos seus novos veciños (Gary Oldman, Fred Hechinger e Julianne Moore) e é testemuña dun crime dende o seu apartamento. Anthony Mackie, Wyatt Russell, Brian Tyree Henry e Jennifer Jason Leigh completan o elenco.

Producido por Fox 2000 Pictures, o filme estaba previsto para ser estreado nos cinemas a través de 20th Century Studios en outubro de 2019, mais foi adiado até maio de 2020 debido a reedicións posteriores polas malas recepcións de proxeccións iniciais. A estrea nos cinemas foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19 e os seus dereitos foron vendidos a Netflix, que o estreou en liña o 14 de maio de 2021. Logo da súa estrea, o filme recibiu valoracións "mordaces" por parte da crítica, coa maioría das críticas dirixidas á dirección de Wright e ao guión, mais con eloxios ao elenco.

Personaxes Amy Adams como Dr. Anna Fox Gary Oldman como Alistair Russell Anthony Mackie como Edward "Ed" Fox Fred Hechinger como Ethan Russell Wyatt Russell como David Winter Brian Tyree Henry como Det. Little Jennifer Jason Leigh como Jane Russell #2 Julianne Moore como Jane Russell #1 Jeanine Serralles como Det. Norelli Mariah Bozeman como Olivia Fox Liza Colón-Zayas como Bina Tracy Letts como Dr. Landy

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joe Wright Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19 Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes non estreados nos cinemas por mor da pandemia de COVID-19