A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia (ACVG) é unha institución académica creada por Decreto da Xunta de Galicia o 21 de abril de 2005,DECRETO 75/2005, de 21 de abril, por el que se acuerda la creación de la Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. DOG nº 78, 25 de abril de 2005. Historia
A Academia creouse como resposta á solicitude presentada por José Luis Benedito Castellote e outros veterinarios á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, na que manifestaban a súa vontade da constitución, creación e inscrición no Rexistro Xeral de Academias de Galicia da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. A Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia ten a súa sede na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.Páxina web da ACVG .
A Academia é unha das asociadas á Real Academia de Ciencias Veterinarias de España.Academias Autonómicas de Ciencias Veterinarias asociadas a la Real Academia de Ciencias Veterinarias de España
Xunta de Goberno No ano 2014 a Xunta de Goberno da ACVG estaba formada por:ACVG-Xunta de Goberno . Presidente: José Luis Factor Rodríguez Secretaria Xeral: María Patrocinio Morrondo Pelayo Tesoureira: Cristina Castillo Rodríguez Bibliotecario: Pedro Vila Arias Vogal 1º: José Luis Benedito Castellote Vogal 2º: Pablo Díez Baños
Desde 2016 o seu presidente é Antonio Crespo Iglesias.Inauguración do Curso Acadmico 2019
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Regulamento de réxime interno da ACVG
Categoría:Academias de Galicia Categoría:Veterinaria