Marta Domínguez Azpeleta, nada en Palencia o 3 de novembro de 1975, é unha exatleta española, que competiu nas especialidades de medio fondo e fondo (1 500, 2 000, 3 000, 5 000 e campo a través) e foi dúas veces campioa de Europa de 5 000 metros en Múnic 2002 e Gotemburgo 2006.
Como consecuencia dunha serie de irregularidades no seu pasaporte biolóxico, o Tribunal de Arbitraxe Deportivo (TAS) sancionouna en novembro de 2015 con tres anos de inactividade deportiva oficial e retiroulle os resultados obtivos entre o 5 de agosto de 2009 e o 8 de xullo de 2013. En consecuencia, foille revocado o seu título de campioa do mundo de 3000 metros obstáculos conseguido no Mundial de Berlín 2009 e o subcampionato do Europeo de 2010.«Marta Domínguez, plata en 3.000 obstáculos», 30-7-2010, elmundo.es«El TAS sanciona tres años por dopaje a Marta Domínguez», elmundo.es, 19-11-2015.
Formou parte do grupo municipal do Partido Popular no concello de Palencia entre 2003 e 2007. En novembro de 2011, foi elixida senadora do Partido Popular por Palencia, pasando a ser a voceira popular de Educación e Deporte na cámara alta entre 2011 e 2015.
No ano 2016 opositou ao corpo nacional de policía. Tanto na súa escala básica como na executiva, obtendo unha puntuación de 9,33 nas probas físicas.
Notas
Categoría:Nados en Palencia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Atletas olímpicos de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Políticos do PP Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2012