Sergio Badilla Castillo, nado en Valparaíso o 30 de novembro de 1947, é un poeta chileno. Creador do movemento transrealista na poesía contemporánea.

Traxectoria Iniciouse como poeta en 1971.

Poeta cunha grande influencia nórdica na súa creación literaria, influído polos finlandeses Edith Södergran e Elmer Diktonius e polos suecos Gunnar Ekelöf e Tomas Tranströmer. Durante o seu exilio en Escandinavia foi parte do grupo Taller de Estocolmo. Volveu a Chile, en 1993 despois de 20 anos de vivir en Europa.

Obras La Morada del Signo. Ediciones Bikupa, 1982. Estocolmo. (Poesía) Cantonírico. Ediciones LAR, 1983. Madrid. (Poesía) Reverberaciones de Pedras Aquáticas. Bikupa, 1985. Estocolmo. (Poesía) Terrenalis. Ediciones Bikupa, 1989). Estocolmo. (Poesía) Saga Nórdica. Monteverdi Editores, 1996. Santiago de Chile. (Poesía) La Mirada Temerosa del Bastardo (2003). Consejo Cultura Valparaíso. (Poesía) Poemas Transreales y Algunos Evangelios (2005). Aura Latina. Chile. (Poesía)

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Chile Categoría:Poetas en lingua castelá