A Banda de Poi foi un grupo galaico-portugués de rock, formado por Tonhito de Poi en 2005 e disolto en 2007. En 2013 volveu para unha serie de concertos con novos membros no grupo, e tras varios anos de silencio volveu actuar novamente en 2017. Durante a súa carreira a banda publicou unicamente un álbum de estudio, Mór (2005).
Historia A banda foi creada tras abandonar Tonhito de Poi os Heredeiros da Crus en 2012. En 2005 publicaron un disco, Mór. Conforme os seus principios ideolóxicos, usaban a normativa do galego reintegracionista. En 2007, tras numerosos problemas, tanto económicos como entre os membros do grupo, a banda disolveuse. En 2013 a banda, na que só se mantiña Tonhito de Poi, regresou para unha serie de concertos. Contou esta vez con Pulpiño Viascón, Quique Otero (director de Crebinsky) e Pablo Pérez. En 2016 o grupo comezou a ensaiar novamente en Matosinhos, e a partir de maio de 2017 a banda realizou unha serie de concertos cos membros da formación orixinal Joao Machado, Joao Sarembé e Cláudio Figueiredo.
Membros Primeira formación Tonhito de Poi: guitarra Joao R. Machado "Pony": baixo, guitarra Joao Pedro Sarembé "Topo": voz, teclados Filipe Iglesias: órgano Cláudio Figueiredo: batería
Segunda formación Tonhito de Poi Pulpiño Viascón Quique Otero Pablo Pérez
Terceira formación
Tonhito de Poi Joao R. Machado Joao Pedro Sarembé Cláudio Figueiredo
Discografía Mór (2005)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do grupo en lastfm.es
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock
Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos musicais de Portugal