miniatura|235px|dereita|El Infiernito é un dos poucos sitios de astronomía muisca que sobreviviron. Este artigo describe a astronomía dos muiscas. Os muiscas, unha das catro civilizacións avanzadas de América antes da conquista española,Ocampo López, 2007, Ch.V, p.226 tiñan un minucioso entendemento de astronomía, o cal está evidenciado pola súa arquitectura e calendario, importante na súa agricultura.
Existiron varios sitios astronómicos construídos no Altiplano Cundiboyacense, nos territorios muiscas dos Andes centrais colombianos, mais poucos perduraron até o presente. Moitos lugares arqueoastronómicos foron destruídos polos conquistadores españois e substituídos polas súas igrexas católicas. El Infiernito, preto de Villa de Leyva, é coñecido por ser un dos sitios que permaneceron. O Templo do Sol na cidade sagrada de Sugamuxi foi reconstruído.
Os estudosos máis importantes que contribuíron ao coñecemento sobre a astronomía muisca foron José Domingo Duquesne e Alexander von Humboldt a finais do século XVIII e comezos do XIX e investigadores modernos como Eliécer Silva Celis, Manuel Arturo Izquierdo Peña, Carl Henrik Langebaek e Juan David Morales.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Pobo muisca Categoría:Arqueoastronomía