miniatura|dereita|230px|Os guerreiros güechas dos muiscas tiñan permitido levar coroas de plumas e xoias douradas. Os güechas eran os guerreiros da confederación muisca, a cal dominou o Altiplano Cundiboyacense na era precolombiana. Os guerreiros güecha eran escollidos polos seus méritos en canto a condición física e actitude, e non era tan importante a súa clase dentro da sociedade para elixilos. Tiñan un status único dentro da sociedade muisca e adornábanse con ouro, plumas e pintura.Los güechas o guechas en Cundinamarca "The güechas or guechas in Cundinamarca" Fernando el Católico Institution

Etimoloxía Na lingua falada polos muiscas, a palabra guechá ten varios posibles significados. A sílaba güe pode significar "xente", "eu matei", "casa" ou "lugar". A sílaba chá pode significar "home" ou "varón". Por iso, güechá pode significar "home da casa", "home do pobo" ou "home que causa a morte". Güechá tamén podería significar "o irmán doutra nai" ou "tío".Henderson and Ostler, 2005, p.154

Proceso de escolla Os guerreiros güechas eran os soldados de elite dos muiscas, e eran elixidos como soldados do zipa (gobernador do territorio sur da confederación muisca). Non era precisa unha liñaxe nobre para a selección. Máis ben, o servizo exemplar como guerreiro podía proporcionar a entrada ás clases nobres como un cacique. Os güechas tiñan que ser valentes e debían traballar seguindo as estritas normas sociais baixo un réxime de monarquía absoluta.Fiebre de Bicentenario Parte I ("Excitement of a Bientenary") Altayre blog, setembro de 2010. A posición do güecha non era hereditaria e a escolla definíase soamente polo mérito.Los guerreros Muiscas y sus armas ("The Muisca warriors and their weapons") Bitacorasdebogota blog.

Aparencia miniatura|240px|Os guerreiros muiscas levaban brazaletes de ouro. O freire franciscano, Pedro Simón (1578 - 1620) describiu estes guerreiros como "homes de gran físico, atrevidos, resoltos, decididos e vixilantes". Lucas Fernández de Piedrahita (1624 - 1688) un prelado católico, describiu os guerreiros como "homes valentes e decididos, con grandes e fermosos físicos, lixeireza e habelencia". A diferenza dos homes comúns, os guerreiros levaban o cabelo moi curto. e permitíaselles empregar contas de ouro e adornos nas orellas, nariz e beizos perforados.

Os guerreiros levaban mazas, dardos, lanzas, arcos e frechas e tiracoios. Ademais levaban escravos panches e calimas con eles á guerra. Entraban en combate con plumas de papagaios, e anchas cintas de ouro fino con incrustacións de esmeraldas. Tamén levaban brazaletes e finas contas de coral e ouro e decoraban o seu corpo con tintas e tatuaxes feitas con pigmentos da froita da especie Genipa americana.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Militarismo muisca

Categoría:Pobo muisca Categoría:Historia de Colombia