Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Chaíño (Frexulfe, O Valadouro) o 26 de maio de 1995, é un músico galego. Aveciñado en Compostela, formou en 2015 o grupo Oh! Ayatollah, do que foi cantante e teclista e co que publicou un disco en 2018. Ao ano seguinte iniciou a súa carreira en solitario co nome de Grande Amore, tendo publicados tres álbums ata a data. En 2026 formou a banda Portosanto, cos mesmos membros que integraban Oh Ayatollah.
Nos seus traballos xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de Vigo. En 2022 foi Premio Martín Códax da Música.
Traxectoria Naceu no Chaíño, na parroquia de Frexulfe do concello do Valadouro, onde se criou sendo o único neno da aldea. Xa estudando a ESO no IES Perdouro de Burela gañou o segundo premio do certame de relatos Trapero Pardo do Concello de Lugo animado polo profesor Bernardo Penabade. Continuou estudos na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, e na capital galega formou xunto a varios amigos en 2015 o grupo Oh! Ayatollah, onde cantaba e tocaba o teclado. Con esta banda publicou un álbum, Volve a canción protesta, encadrado no xénero do pop e con inspiración no punk, e percorreu os escenarios galegos, acadando certa sona.miniatura|Grande Amore nun concerto en Barcelona (2023). No ano 2019 emprendeu a súa carreira en solitario co proxecto Grande Amore, co que foi sacando éxitos como Esta cruz, Perdón por ser tan sexy, Todo ou nada, ou Vémonos no baño. En 2021 formou con Ortiga o proxecto Los Rastreadores, un EP con seis temas: Un agarrado, Nrtkm, Mondo dolore, seis, Fiesta Chill.
Tamén en 2021 sacou o seu primeiro álbum en solitario, co título Grande Amore, baixo o selo discográfico de Ernie Records e con Hevi como produtor. O deseño gráfico das portadas, especialmente rechamante, foi obra de Branca Studio. O traballo incluíu o sinxelo Esta pena que a veces teño, o maior éxito do artista, con preto dun millón de escoitas en Spotify e máis de 200.000 visualizacións do seu videoclip en YouTube. Tras este traballo incrementou de xeito substancial o seu número de concertos, tanto en Galicia como fóra dela, e tras un tempo actuando só incorporáronse aos directos as artistas Clara Redondo e María Gallego Román, coñecida como mariagrep.
En 2023 publicou o seu segundo álbum, co título II, un traballo de dez temas producido por Carlangas. A portada do disco foi realizada polo deseñador canadense Adam Kindred, cun estilo semellante ao utilizado nos diferentes subxéneros do heavy metal, estilo musical ao que é afeccionado o propio cantante. Esta afección ao xénero, levouno a colaborar coa banda de Pazos de Borbén Acouga no seu tema "Arde".
En marzo de 2025 publicou o seu terceiro disco como Grande Amore, co título III. Dedicado a Robe Iniesta, Steve Albini e Ascensión Fernández García, contou coa colaboración de Nacho Vegas no tema "Ti máis eu" e incluíu unha versión de "Maldita sea mi suerte" de Los Suaves.
En febreiro de 2026 anunciouse que os cinco membros de Oh Ayatollah regresarían aos escenarios cunha nova banda co nome de Portosanto. En abril dese ano publicaron o seu primeiro disco titulado Ten que haber un sitio para nós.
Discografía
Con Oh! Ayatollah
Álbums
Volve a canción protesta (2018).
Como Grande Amore
Álbums Grande Amore (2021). II (2023). III (2025).
Singles e EPs 2019 - Todo Ou Nada 2019 - Esta Cruz 2019 - Perdón por Ser Tan Sexy 2020 - Mundo Nuno con Mundo Prestigio 2021 - Ortiga & Grande Amore Presentan: los Rastreadores con Ortiga 2021 - Vémonos No Baño 2021 - Esta Pena Que a Veces Teño 2021 - Vamos Enchernos (e Vamos Falar de Cousas) 2021 - Papando / Mundo Nuno 2021 - Nunomanía EP con Mundo Prestigio 2022 - A Vida con The Rapants 2022 - Esta Pena que a Veces Teño (Remix) 2023 - Pelea 2023 - Do meu corpo van nacer outros corpos 2023 - Onde ela me quer levar 2023 - Ben sabe Dios que o intentei 2024 - Personajes con Galician Army e Futuro Alcalde
Con Portosanto
Ten que haber un sitio para nós (2026).
Notas
Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1995 Categoría:Grupos musicais en galego