A Sociedade de Anticuarios de Londres (en inglés: Society of Antiquaries of London –SAL–) é unha sociedade erudita establecida en Londres en 1707 que se ocupa, consonte a súa Carta Real de 1751, do "estímulo, o avance e o fomento do estudo e do coñecemento das antigüidades e da historia de Inglaterra e doutros países"."Enlightenment Origins". Society of Antiquaries of London.
A SAL ten a súa sede na Burlington House, en Piccadilly, na londiniense cidade de Westminster, e ten a condición de organización caritativa."Burlington House". Society of Antiquaries of London."Society of Antiquaries of London". Charity Commission for England and Wales.
Afiliación á sociedade miniatura|260x260px|Entrada da Sociedade de Anticuarios de Londres, no edificio Burlington House.
As persoas que son elixidas membros da Sociedade de Anticuarios adquiren o dereito de usar as siglas FSA (Fellow of the Society of Antiquaries) logo dos seus apelidos (por exemplo: Sir John Evans FSA).
Os membros da Sociedade deben amosar "excelencia no coñecemento das antigüidades e da historia de Inglaterra e doutras nacións" e deben ter "desexo de promover a honra, os asuntos e os emolumentos da Sociedade". O procedemento de elección establecido é moi selectivo, en comparación con outras sociedades científicas. As candidaturas para un novo ingreso só poden provir dos membros activos da Sociedade e deben estar asinadas por polo menos cinco e ata un máximo de doce membros, para certificar que, consonte o seu coñecemento, a persoa candidata sería un membro digno. Logo lévase a cabo unha votación anónima e o resultado deberá ser de, polo menos, dous votos positivos por cada voto negativo, para que a elección se produza."Election to Fellowship ". Society of Antiquaries of London."How to nominate a new Fellow ". Society of Antiquaries of London.
Xa que logo, a pertenza á Sociedade considérase un recoñecemento aos logros salientables nos campos da arqueoloxía, as antigüidades, a historia e o patrimonio. Nos inicios da década de 2020 a Sociedade de Anticuarios de Londres está formada por arredor de 3.300 membros."About the Fellowship ". Society of Antiquaries of London.
O primeiro secretario da Sociedade foi William Stukeley e o seu primeiro presidente foi Peter le Neve, Rei de Armas de Norroy.Harris, G. "Founding the Society of Antiquaries". En Making History: Antiquaries in Britain, 1707-2007. An Introduction. Páxinas 8-9. Royal Academy of Arts."William Stukeley (1687-1765)". Oxford Reference.
Historia e antecedentes Como precursora da Sociedade de Anticuarios de Londres existiu entre ca. 1586 e 1614 a chamada Sociedade de Anticuarios ou Colexio de Anticuarios, que finalmente fora prohibida polo rei Xacobe I."Society of Antiquaries (act. 1586-1607)". Oxford Dictionary of National Biography.
miniatura|197x197px|Selo da Sociedade de Anticuarios de Londres (1786).
A primeira reunión, aínda informal, da moderna Sociedade de Anticuarios tivo lugar na Bear Tavern, no barrio londiniense de The Strand, o 5 de decembro de 1707.Sweet, R. (2004). Antiquaries: The Discovery of the Past in Eighteenth-Century Britain. Cambridge University Press., Londres. Páxina 84. ISBN 1-85285-309-3 Este grupo orixinal, conformado por John Talman, John Bagford e Humfrey Wanley, solicitoulle á raíña Ana a concesión dos dereitos para o estudo das antigüidades británicas. Segundo a súa inicial, proxectábase a publicación dunha serie composta por 35 libros. Inicialmente, Robert Harley, primeiro conde de Oxford, ía ser quen presentase a proposta formal de constitución da Sociedade, aínda que a súa destitución do Goberno desactivou esta iniciativa. Finalmente, a formalización do procedemento tivo lugar en 1717, e os primeiros informes da entidade están datados o 1 de xaneiro de 1718, na Mitre Tavern, en Fleet Street.Nurse, B. "The Embarkation of Henry VIII at Dover 1520". Alecto historical editions. Reino Unido.
Nas primeiras reunións examináronse obxectos, pronunciáronse conferencias e discutíronse teorías acerca de sitios históricos. Tamén se elaboraron informes sobre a deterioración dalgúns edificios sobranceiros. Outros dos temas dos que se ocupou a nova sociedade foron a heráldica, a xenealoxía e os documentos históricos. En 1751, o seu vicepresidente, Joseph Ayloffe, que levaba xa moito tempo en funcións, solicitou con éxito unha carta de constitución, o que lle posibilitou á entidade dispor de propiedades ao seu nome.
A Sociedade de Anticuarios de Londres comezou a reunir grandes coleccións de manuscritos, pinturas e aparellos, moitas veces como receptora de depósitos, obsequios e legados de coleccionistas, en tanto que non existise unha institución axeitada para tal fin. A adquisición en 1828 dun nutrido grupo de pinturas precedeu en tres décadas o establecemento da Galería Nacional de Retratos. Un legado por parte de Thomas Kerrich, no que se inclúen retratos de Eduardo IV, María Tudor e Ricardo III, revela, nunha análise posterior, un certo nesgo contrario aos Tudor.
Despois do Blitz de Londres, a Sociedade organizou moitas das escavacións de ruínas romanas e medievais que quedaron expostas polo bombardeo da City londiniense, con inspeccións anuais entre 1946 e 1962. Entre outros achados, descubriuse a cidadela de Londinium, na esquina noroeste da Muralla de Londres. Os achados foron resumidos en 1968 por W. F. Grimes.Grimes, W. F. (1968). "The Roman Fort of Cripplegate". En The Excavation of Roman and Mediaeval London. Routledge. ISBN 978-1-317-60471-6
miniatura|260x260px|Espazo da Sociedade de Anticuarios de Londres no "Día da Historia" na Universidade de Londres (2016).
En 2007, a Sociedade de Anticuarios de Londres celebrou o seu tricentenario (asumindo como parte da súa historia as primeiras reunións informais de 1707) cunha exposición na Real Academia titulada "Facendo historia: anticuarios en Gran Bretaña 1707-2007". Co gallo do tricentenario fixéronse tamén dúas publicacións substanciais: dunha banda unha colleita de dezasete ensaios académicos sobre temas satélites da historia da propia sociedade e sobre a evolución das interpretacións acerca dos obxectos materiais ao longo deses 300 anos,Pearce, S. (2007). e doutra banda un catálogo amplamente ilustrado da exposición, que incluíu quince ensaios temáticos a cargo de investigadores expertos.Gaimster, D. et al. (2007). Making History: Antiquaries in Britain, 1707-2007. Royal Academy of Arts, Londres. ISBN 978-1-905711-03-1
A Sociedade afrontou unha controversia en 2019, cando o seu consello non foi quen de lograr que se aprobase unha resolución para expulsar o seu membro Hubert Chesshyre, logo de que este fose condenado en 2015 dun delito de pederastia. O consello emitiu entón unha nota pola que lamentaba a falta de acordo entre os membros presentes na votación e amosaba a necesidade dunha modernización dos estatutos da Sociedade para evitar situacións semellantes.Doward, J. (2019). "Society of Antiquaries in turmoil after vote to back sex abuser". En The Observer. 23 de novembro. ISSN 0029-7712 En 2020, logo das declaracións doutro dos seus membros, David Starkey, sobre a escravitude e o xenocidio, a Sociedade anunciou un cambio nos seus procedementos para evitar comportamentos contrarios aos valores da entidade"Statement regarding Dr David Starkey's Fellowship ". Society of Antiquaries of London. 4 de xullo de 2020. (posteriormente, Starkey renunciou á pertenza á Sociedade)."Resignation of Dr David Starkey ". Society of Antiquaries of London. 6 de xullo de 2020.
Biblioteca miniatura|260x260px|Manuscrito exposto nunha sala da Sociedade de Anticuarios de Londres.
A biblioteca da Sociedade de Anticuarios é a colección bibliográfica de investigación arqueolóxica máis completa do Reino Unido. Foise adquirindo material bibliográfico xa desde os principios do século XVIII e o número de exemplares a principios da década de 2020 supera os 100.000 libros e arredor de 800 títulos de publicacións periódicas. O seu catálogo abrangue tamén debuxos e manuscritos, entre os que destaca o inventario de todas as posesións de Henrique VIII no momento do seu pasamento.Willetts, P. J. (2000)."Library ". Society of Antiquaries of London.
Trátase da biblioteca arqueolóxica máis antiga do país e alberga unha colección excepcional de historias dos condados británicos, outra de libros dos séculos XVIII e XIX sobre as antigüidades de Gran Bretaña e doutros países e outra excepcionalmente ampla de cabeceiras periódicas de diversos países desde os primeiros anos do século XIX.
Publicacións miniatura|282x282px|Páxina con ilustracións do 2º volume de Vetusta Monumenta (1757).
Vetusta Monumenta En 1718, a Sociedade comezou a publicación dunha serie de artigos ilustrados sobre edificios, sitios e obxectos antigos, principalmente de Gran Bretaña, xeralmente escritos por membros da entidade, baixo o título de Vetusta Monumenta. A serie continuou aparecendo con irregularidade ata 1906. Estes artigos publicábanse en formato folio e caracterizábanse pola cantidade e a calidade dos gravados que neles se reproducían.
Desde os seus inicios, a Sociedade de Anticuarios contratou os servizos de gravadores (os primeiros foron George Vertue e James Basire) para elaborar as placas de cobre utilizadas nas impresións nas edicións en folio. Estes gravados eran adoito de gran tamaño e estaban destinados a satisfacer a demanda popular de temas arqueolóxicos. Eran ilustracións case científicas e con frecuencia amosaban diversos puntos de vista dun obxecto ou dun edificio, así como detalles arquitectónicos. O membro da Sociedade Richard Gough (director de 1771 a 1791) fixo un esforzo por mellorar a calidade das publicacións científicas, motivado pola deterioración constante dos exemplos de arquitectura gótica.Frew, J. (1980). "An Aspect of the Early Gothic Revival: The Transformation of Medievalist Research, 1770-1800". En Journal of the Warburg and Courtauld Institutes. 43. Páxinas 174-185
Houbo unha serie paralela de publicacións de gran tamaño, que comezou con posterioridade a Vetusta Monumenta, utilizada para acomodar o formato dalgunhas obras históricas, que a Sociedade lle encargara reproducir en acuarela a Edward Edwards e a Samuel Hieronymus Grimm en 1771. A primeira destas tiraxes reproducía un óleo do século XVI e, como requiría un papel máis grande do dispoñible, o fabricante James Whatman recibiu instrucións para crear unha folla de 79 x 135 milímetros. O nome que recibiu este novo formato de papel foi "Anticuario" (Antiquarian). Para o gravado das placas (hoxe consérvanse tres das sete realizadas) precisáronse dous anos e a impresión estándar desta serie foi de 400 copias.
Archaeologia miniatura|260x260px|Láminas con ilustracións no número 67 de Archaeologia (1916)
A primeira revista da Sociedade de Anticuarios de Londres foi Archaeologia (título completo: Archaeologia; or, Miscellaneous Tracts relating to Antiquity), cuxo primeiro número viu a luz, en formato cuarto, en 1770. A revista conformábase fundamentalmente con artigos que foran entregados nas reunións da Sociedade, algúns dos cales permanecían inéditos desde as décadas anteriores. Archaeologia continuou aparecendo cunha regularidade non total, xa que o seu terreo foi ocupado por outras publicacións periódicas da Sociedade. Na década de 1980 apenas se publicaron dous volumes (o 107 e o 108) e na década de 1990 outros dous (o 109 e o 110, de 1991 e 1992 respectivamente). A edición de ensaios que a Sociedade fixo co gallo do seu tricentenario en 2007 concibiuse como o volume 111 de Archaeologia. Desde ese momento non apareceron más números da revista, aínda que a serie non foi pechada formalmente.
Proceedings e Antiquaries Journal