Laura Iglesias Vázquez, de nome artístico Laura LaMontagne, nada en Lugo en 1993, é unha actriz, cantautora e poeta galega.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela o grao en Lingua e literatura inglesas. Toma o seu apelido artístico do cantautor norteamericano Ray LaMontagne. Laura protagoniza, coa súa irmá, o videoclip do tema "Papá borracho" (2017) do grupo Ataque Escampe. No filme A estación violenta (2017) interpreta o personaxe de Daniela e canta e toca coa guitarra a canción "Azulejos", da súa autoría.
Participou no proxecto Novas voces para a lingua da RAG e a USC.Novas voces para a lingua Real Academia Galega. Ten un proxecto musical co DJ e produtor compostelán PicoAmperio no que interpretan temas baseados en textos de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Fernando Pessoa e Xela Arias e co que o 16 de maio de 2021 actuaron no Concerto do Día das Letras Galegas, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.Concerto das Letras Galegas 2021 Consello da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ray LaMontagne Ligazóns externas Academia Galega do Audiovisual
Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1993 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Cantautores Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela