Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é escritor, músico, locutor galego.

Traxectoria miniatura|Entrevista en Nós Televisión. |251x251pxLicenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter sete libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla en Radio Coruña, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora. Tamén participou en Sitio Distinto (Antón Reixa) e o Luar da TVG.

No eido audiovisual dirixiu a serie de programas Repichoca, sobre música popular, para a TVE en Galicia; a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo e o documental Dos gaiteiros do mar.

Alén dos Diplomáticos de Monte-Alto, tocou -voz e acordeón- no conxunto Os Tres Trebóns. Actualmente é vocalista na Orquestra Bravú Xangai.

En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguraciónManolo Rivas e Xurxo Souto apadriñaron a inauguración da emisora Cuac FM que emite a través do 103.4 para A Coruña e a súa área de influencia (en castelán). Metamedia. da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.

Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.

Foi colaborador do periódico coruñés La Opinión e participou, como socio promotor, no nacemento do xornal Nós Diario, no que fai parte do seu consello de administración.

Foi profesor de secundaria no IES Xesús Taboada Chivite de Verín, no IES Val de Tea de Ponteareas e en 2022 no IES Gregorio Fernández de Sarria.

Bibliografía Narrativa A tralla e a arroutada (1995). Vigo: Xerais, Col. Ferros. 131 páxs. ISBN 84-7507-929-6. Fumareu (1997). Vigo: Xerais, Col. Ferros. ISBN 9788483021378 (2ª). O retorno dos homes mariños (1999). Vigo: Xerais. Reeditado en 2021: 144 páxs. ISBN 978-84-9121-819-7. ePub: ISBN 978-84-9121-816-6. Tres trebóns (2005). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9782-327-2. 5 relatos. Contos do mar de Irlanda (2014). Vigo: Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9914-699-7. eBook: ISBN 978-84-9914-725-3 (6ª ed.). Cuentos del mar de Irlanda (2016). Pulp Books. A gran travesía de Chiruca Macallás (2018). Xerais. 160 páx. ISBN 978-84-9121-447-2. A novela do Bravú (2025). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-731-0.

Ensaio Contos da Coruña (2001). Vigo: Xerais, Crónica, Memoria. 264 páxs. ISBN 978-84-9782-633-4 (6ª ed.). Pangalaica (2020). Vigo: Galaxia. Recompilación de artigos publicados en Nós Diario. 96 páxs. ISBN 978-84-9151-561-6.

Obras colectivas miniatura|Xurxo Soto na manifestación de Nunca Máis no xuízo do Prestige. O mar de adentro (1990). Edicións do Dragón. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Vigo: Xerais. Relato. A aldea terremota (1998). COAG. Relato. Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón. Relato. Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relato. Narradio: 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais. Relato. Manuel María: fotobiografía sonora (2005). Ouvirmos. Ensaio. Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). Espiral Maior. Poesía. Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007). Espiral Maior. Poesía. Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (2008). Ouvirmos. Ensaio. Lois Pereiro: fotobiografía sonora (2010). Ouvirmos. Ensaio. A terra queima (2013). Vigo: Xerais. 56 páxs. Infanto xuvenil. ISBN 978-84-9914-560-0.

Premios 2010: Premio Leixaprén pola promoción da lingua galega. 2014: Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda. 2019: Premio Facer País da Asociación Val do Láncara. 2019: Arrraiano Maior. 2021: Bos e xenerosos (con Elena Ferro e Henrique Peón), Fundación Eduardo Pondal. 2026: Premio Caerón de Son d'Aldea.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades do audiovisual galego Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Acordeonistas de Galicia Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Personalidades da Radio Galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1966 Categoría:Contistas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela