Muñón Fondiru é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Atópase na parte noroccidental do concello, ten unha extensión de 4,2 km² e linda ao noroeste coa parroquia de Muñón Cimiru e ao nordés coa de Viḷḷayana. O resto da súa extensión está arrodeada por terras da parroquia de La Pola. A súa poboación, que se reparte entre a vila homónima (142 habitantes) e as casarías de El Vayo, Brañaḷḷamosa, El Cortijo e Torneros, é de 160 habitantes (INE, 2010).
Segundo recolle o investigador Luciano Castañón, os habitantes da vila son coñecidos como marmechirus pola abundancia de marmichus (marmeleiros) que hai na parroquia.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena